Sesión maxistral |
As 6h de sesión maxistral destinaranse a presentar a situación da tradución dende o francés cara ao galego en Galicia e do galego cara ao francés, e a explicar o proceso tradutor. Malia estaren no apartado de sesións maxistrais, as clases serán de índole participativo e sempre estarán apoiadas por un soporte práctico. |
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Neste apartado de 26 horas, realizaranse análises de texto, resumos e esquemas, exercicios de tradución con textos adaptados ao nivel do alumnado de Tradución económica Idioma I, así como a resolución de problemas propios dese nivel (dificultades de tradución) ou exercicios aplicados á teoría achegada durante as sesións maxistrais.
2 GLOSARIOS: 1 DIRECTA- 1 INVERSA
O alumnado deberá realizar un glosario de cada ámbito temático abordado (15%). Os termos especializados extraeranse dos textos traducidos durante o curso. Presentarase en formato excel con catro apartados: (TO)-definición/ (TM)-definición.
|
Traballos tutelados |
O alumno deberá realizar un traballo sobre algunha das dificultades de tradución ou/e sobre o mercado laboral presentadas nas clases, que será tutelado polo profesor. Durante as 2 horas presenciais dedicadas a este apartado, o docente explicará o procedemento e as normas de elaboración do traballo. |
Prácticas autónomas a través de TIC |
Durante as prácticas autónomas a través de TIC, o alumnado coñecerá as bases de datos e recursos necesarios para a realización dos exercicios e/ou tradución dos textos de carácter económico e financeiro. |