Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución económica idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Os alumnos deberán realizar unha proba individual de tradución directa (20%) e inversa (20%) con tempo controlado. 40 A1
A2
A3
A4
A5
C5
C8
C22
C26
D4
D6
Traballos e proxectos Na parte directa da materia, os alumnos deberán executar unha encomenda de tradución (20%). Na parte inversa, os alumnos realizarán unha encomenda, na que se poderá solicitar tamén un breve comentario, textos paralelos ou fontes bibliográficas (20%). 40 A3
A4
A5
C5
C8
C26
D3
D4
D6
D9
D14
Probas de resposta curta Exame teórico con 6 preguntas de resposta curta. 20 A1
A2
A3
C5
C26
D6
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA:

Cada alumno poderá acollerse a dúas oportunidades de avaliación por curso, maio e xullo. Só se realizará avaliación continua para a convocatoria de maio, e acollerse á avaliación continua implicará consumir a convocatoria oficial de maio (data no calendario oficial). Os alumnos que desexen acollerse á avaliación continua deberán indicarllo á docente durante a primeira semana da materia na ficha que se debe entregar con foto. A entrega dunha soa encomenda avaliable suporá a aceptación implícita da avaliación continua. Recoméndase a asistencia ó 80% das sesións de cada parte práctica da materia (directa e inversa). Cando un alumno opte pola avaliación continua, e durante a mesma non entregue tódalas tarefas solicitadas, perderá o dereito á avaliación continua e deberá presentarse directamente á proba oficial da convocatoria de xullo. Salvo por causas de forza maior, debidamente xustificadas, e o alumnado que, conforme ó establecido no artigo 46k da LO 6/2001 e no artigo 7d do RD 1791/2010, acredite documentalmente necesidades de conciliación laboral ou familiar. 

Os alumnos que opten pola avaliación continua deberán facer unha proba teórica que se celebrará nas aulas asignadas para cada grupo (especificaranse as datas, aulas e horarios en Faitic). As encomendas de directa e inversa entregaranse durante a docencia de cada parte. Datas aproximadas: febreiro-marzo directa e abril inversa. (Datas por confirmar en Faitic). A proba práctica celebrarase para a parte de directa ó rematar a docencia desa parte (data por confirmar en Faitic) e para a parte de inversa na data especificada ó final do cuadrimestre.

Os alumnos que suspendan na primeira edición de actas poderanse presentar á convocatoria de xullo, sendo o exame similar ó da primeira edición de actas sen avaliación continua. Para aprobar é necesario obter unha calificación mínima de 5 sobre 10 en cada unha das partes das que consta a materia (teoría, directa e inversa). Para facer o cálculo da calificación da parte de directa e inversa realizarase a media entre a nota da encomenda e o exame práctico. Excepcionalmente, poderá negociarse cós alumnos de avaliación continua, sempre e cando unicamente suspendan 1 das 3 partes das que consta a materia, a realización desta parte na segunda convocatoria de actas (xullo).

AVALIACIÓN ÚNICA OU NON CONTINUA:

Os exames sen avaliación continua consistirán en tres preguntas teóricas breves, que poderán responderse en galego, castelán ou inglés e suporán o 20 % da nota; un exercicio de tradución directa, que suporá o 40 % da nota; e un exercicio de tradución inversa que suporá o 40% da nota. A data desta proba é a que aparece no calendario oficial de exames. Para aprobar a materia deben superarse as tres partes das que consta (teoría, directa e inversa) cunha nota mínima de 5.

*Copiar doutro alumno ou dunha terceira persoa nunha encarga ou nun exame suporá un suspenso automático, e ademais a posible apertura de expediente contra o alumno. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

OUTROS COMENTARIOS:

En calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da convocatoria e do sistema de avaliación elixido, obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:

-Cometan máis de dúas faltas de ortografía (este criterio non se aplicará nas tarefas de tradución inversa).

-Non realicen correctamente a tradución de cifras.

-Cometan máis de dous erros gramaticais na parte directa (catro no caso das tarefas de tradución inversa). A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

-Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións).

-Incorran en plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

-A docencia de cada parte dos contidos poderá experimentar modificacións de acordo coas necesidades do alumnado.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000