Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución económica idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Os alumnos deberán realizar unha proba individual de tradución directa (20%) e inversa (20%) con tempo controlado. 40 A1
A2
A3
A4
A5
C5
C8
C22
C26
D4
D6
Traballos e proxectos Na parte directa da materia, os alumnos deberán executar unha encomenda de tradución (20%). Na parte inversa, os alumnos realizarán unha encomenda, na que se poderá solicitar tamén un breve comentario, textos paralelos ou fontes bibliográficas (20%). 40 A3
A4
A5
C5
C8
C26
D3
D4
D6
D9
D14
Probas de resposta curta Exame teórico con 6 preguntas de resposta curta. 20 A1
A2
A3
C5
C26
D6
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na convocatoria de maio existirán dúas posibilidades de avaliación, a continua ou a única.


Os alumnos que desexen acollerse á avaliación continua deberán indicarllo ó profesorado durante a primeira semana da materia na ficha que se debe entregar con foto. Transcorrido ese período, entenderase que os alumnos que non o fixeron optan pola avaliación única.


Avaliación continua:


Recomendase a asistencia a un 80% das sesións en cada parte da materia (directa e inversa). As probas para a avaliación continua serán as indicadas no apartado avaliación desta guía, nas porcentaxes expresadas.


Cando un alumno opte pola avaliación continua e, ao longo do desenvolvemento da mesma, non entregue todas as tarefas requeridas, perderá o dereito á avaliación continua e deberá presentarse directamente ao exame oficial da convocatoria de xullo.


A materia terá tres partes vinculadas pero diferenciadas (teoría, tradución directa e tradución inversa) e será obrigatorio que os estudantes superen as tres para superar a materia. As partes superadas na convocatoria de maio non deberán ser recuperadas na convocatoria de xullo e se gardarán durante o curso vixente.


Os alumnos que opten pola avaliación continua deberán facer unha proba teórica que se celebrará nas aulas asignadas para cada grupo (especificaranse as datas, salas e horarios desta proba a través de Faitic). As encomendas de directa e inversa celebraranse durante a docencia de cada parte. Datas aproximadas: febreiro-marzo directa e abril inversa. (Datas por confirmar en Faitic). A proba práctica celebrarase na parte de directa ó finalizar a docencia desa parte (data por confirmar en Faitic) e na parte de inversa na data sinalada no periodo de exames do 9-24 de maio.


Avaliación única:


Os alumnos que deciden seguir este tipo de avaliación farán tres probas, unha teórica (20%), unha proba de tradución directa (40%) e outra de inversa (40%) para superar a materia. Esta proba celebrarase na data establecida no calendario de exames aprobado en Xunta da FFT (avisarase a través de Faitic da data sinalada no calendario oficial).


Convocatoria de Xullo:


O exame consistirá dunha proba teórica (20%), unha tradución directa (40%) e unha tradución inversa (40%). Será obrigatorio que o estudante supere as tres partes para aprobar a materia e non se gardarán as partes aprobadas para o curso seguinte. Para as respostas ás preguntas da proba de teoría poderá empregarse calquera das dúas linguas da combinación lingüística da materia.


OUTROS COMENTARIOS:


En calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da convocatoria e do sistema de avaliación elixido, obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:


-Cometan máis de dúas faltas de ortografía (este criterio non se aplicará nas tarefas de tradución inversa).


-Cometan máis de dous erros gramaticais na parte directa (catro no caso das tarefas de tradución inversa). A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.


-Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións).


-Incorran en plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.


-A docencia de cada parte dos contidos poderá experimentar modificacións de acordo coas necesidades do alumnado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000