Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución económica idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Os alumnos deberán realizar unha proba individual de tradución directa (20%) e inversa (20%) con tempo controlado. 40 A1
A2
A3
A4
A5
C5
C8
C22
C26
D4
D6
Traballos e proxectos Na parte directa da materia, os alumnos deberán executar unha encomenda de tradución (20%). Na parte inversa, os alumnos realizarán unha encomenda, na que se poderá solicitar tamén un breve comentario, textos paralelos ou fontes bibliográficas (20%). 40 A3
A4
A5
C5
C8
C26
D3
D4
D6
D9
D14
Probas de resposta curta Exame teórico con 6 preguntas de resposta curta. 20 A1
A2
A3
C5
C26
D6
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na convocatoria de maio existirán dúas posibilidades de avaliación, a continua ou a única.


Os alumnos que desexen acollerse á avaliación continua deberán indicarllo as docentes durante a primeira semana da materia na ficha que se debe entregar con foto. Transcorrido ese período, entenderase que os alumnos que non o fixeron optan pola avaliación única.


Avaliación continua:


Salvo casos excepcionais a criterio das docentes, será obrigatoria a asistencia a un 80% das sesións en cada parte da materia (directa e inversa). As probas para a avaliación continua serán as indicadas no apartado avaliación desta guía, nas porcentaxes expresadas.


Cando un alumno opte pola avaliación continua e, ao longo do desenvolvemento da mesma, incumpra o requisito de asistencia obrigatoria ás sesións, ou non entregue todas as tarefas requeridas, perderá o dereito á avaliación continua e deberá presentarse directamente ao exame oficial da convocatoria de xullo.


A materia terá tres partes vinculadas pero diferenciadas (teoría, tradución directa e tradución inversa) e será obrigatorio que os estudantes superen as tres para superar a materia. As partes superadas na convocatoria de maio non deberán ser recuperadas na convocatoria de xullo e se gardarán durante o curso vixente.


Os alumnos que opten pola avaliación continua deberán facer unha proba teórica que se celebrará a semana do 11 de maio de 2016 nas aulas asignadas para cada grupo (especificaranse as datas, salas e horarios desta proba a través de Faitic). As probas prácticas de directa e inversa celebraranse ó remate da docencia de cada parte. Datas aproximadas: marzo-abril directa (sen ordenador) e maio inversa. (Datas por confirmar en Faitic).


Avaliación única:


Os alumnos que deciden seguir este tipo de avaliación farán tres probas, unha teórica (20%), unha proba de tradución directa (40%) e outra de inversa (40%) para superar a materia. Esta proba celebrarase na semana do 11 de maio de 2016 (avisarase a través de Faitic das datas e salas destas tres probas).


Convocatoria de Xullo:


O exame consistirá dunha proba teórica (20%), unha tradución directa (40%) e unha tradución inversa (40%). Será obrigatorio que o estudante supere as tres partes para aprobar a materia e non se gardarán as partes aprobadas para o curso seguinte. Para as respostas ás preguntas da proba de teoría poderá empregarse calquera das dúas linguas da combinación lingüística da materia.


OUTROS COMENTARIOS:


En calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da convocatoria e do sistema de avaliación elixido, obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:


-Cometan máis de dúas faltas de ortografía (este criterio non se aplicará nas tarefas de tradución inversa).


-Cometan máis de dous erros gramaticais na parte directa (catro no caso das tarefas de tradución inversa).


-Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións).


-Incorran en plaxio total ou parcialmente.


-A docencia de cada parte dos contidos poderá experimentar modificacións de acordo coas necesidades do alumnado.


-A xustificación das faltas de asistencia deberá facerse nun periodo máximo de dúas semanas despois da data de ausencia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000