Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución económica idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Os alumnos deberán realizar unha proba individual de tradución directa con tempo controlado 10
Traballos e proxectos Na parte directa da materia, os alumnos deberán executar dúas encomendas de tradución (35%). Na parte inversa, os alumnos realizarán dúas encomendas, nas que se poderá solicitar tamén un breve comentario, textos paralelos ou fontes bibliográficas (35%). 70
Probas de resposta curta Exame teórico con 6 preguntas de resposta curta. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na convocatoria de maio existirán dúas posibilidades de avaliación, a continua ou a única.


Os alumnos que desexen acollerse á avaliación continua deberán indicarllo os profesores durante a primeira semana de cada parte da materia. Transcorrido ese período, entenderase que os alumnos que non o fixeron optan pola avaliación única.


Avaliación continua:


Salvo casos excepcionais a criterio dos docentes, será obrigatoria a asistencia a un 80% das sesións. As probas para a avaliación continua serán as indicadas no apartado avaliación desta guía, nas porcentaxes expresadas.


Cando un alumno opte pola avaliación continua e, ao longo do desenvolvemento da mesma, incumpra o requisito de asistencia obrigatoria ás sesións, ou non entregue todas as tarefas requeridas, perderá o dereito á avaliación continua e deberá presentarse directamente ao exame oficial da convocatoria de xullo.


A materia terá tres partes vinculadas pero diferenciadas (teoría, tradución directa e tradución inversa) e será obrigatorio que os estudantes superen as tres para superar a materia. As partes superadas na convocatoria de maio non deberán ser recuperadas na convocatoria de xullo.


Os alumnos que opten pola avaliación continua deberán facer unha proba teórica que celebrarase o 13 de maio de 2014.


Avaliación única:


Os alumnos que deciden seguir este tipo de avaliación farán tres probas, unha teórica (20%), unha proba de tradución directa (40%) e outra de inversa (40%) para superar a materia. A data desta proba será o 13 de maio de 2014.


Convocatoria de Xullo:


O exame consisterá dunha proba teórica (20%), unha tradución directa (40%) e unha tradución inversa (40%). Será obrigatorio que o estudante supere as tres partes para aprobar a materia e non se gardarán as partes aprobadas para o curso seguinte. Para as respostas ás preguntas da proba de teoría poderá empregarse calquera das dúas linguas da combinación lingüística da materia.


En calquera das probas, traballos ou exercicios, independientemente da convocatoria e do sistema de avaliación elixido, obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:


-Cometan máis de dúas faltas de ortografía (este criterio non se aplicará nas tarefas de tradución inversa).


-Cometan máis de dous erros gramaticais (catro no caso das tarefas de tradución inversa).


-Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións).


-Incorran en plaxio total ou parcialmente.


 


 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000