A materia é unha introdución á tradución directa e inversa de textos de temática económica e comercial, a través do estudo teórico (20%) e traballo práctico directo (40%) e inverso (40%) con diferentes tipos de discursos. Enténdese que o alumnado está familizarizado cos principios metodolóxicos básicos da tradución e que posúe un coñecemento excelente das linguas de traballo.