Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución económica idioma 1: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Os alumnos deberán realizar dúas probas individuais de tradución con tempo e material controlados. Cada unha delas representará o 30% da nota final. A primeira celebrarase o día 21 de marzo e a segunda na data oficial de exames marcada polo decanato 60 A2
A4
C1
C2
C3
C4
C5
C8
C17
C18
C22
Traballos e proxectos Os alumnos deberán executar un proxecto de documentación e tradución tutelado en grupo.
Data de entrega final: 24 de maio
20 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C2
C3
C4
C5
C8
C9
C10
C11
C17
C18
C21
C22
C24
Probas de resposta curta Os alumnos realizarán probas de resposta curta relacionados cos contidos teóricos da materia e co libro de lectura obrigatoria.
A proba de lectura obrigatoria do libro realizarase o día 22 de febreiro
20 A1
A5
C9
C18
C24
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A obra de lectura obrigatoria será a seguinte:
Goodwin, M. (2012) Economix. How our economy works (and doesn't work. Abrams ComicArts: New York.

Na convocatoria de maio existirán dúas posibilidades de avaliación, a continua ou a única.

Os alumnos que desexen acollerse á avaliación única deberán indicarllo á profesora durante as dúas primeiras semanas de clase. Transcorrido ese período, entenderase que os alumnos que non o fixeron optan pola avaliación continua.

Avaliación continua:

As probas para a avaliación continua serán as indicadas no apartado de avaliación desta guía, nas porcentaxes expresadas. A materia terá dúas partes vinculadas pero diferenciadas (teoría e tradución) e será obrigatorio que os estudantes superen as dúas para superar a materia. Dentro da parte de tradución, haberá avaliación individual e en grupo. Os estudantes que superen a tradución en grupo pero non a tradución individual deberán recuperar en xullo a parte de tradución individual.

As probas de resposta curta corresponderanse coa parte teórica da materia, que incluirá a lectura obrigatoria de varios textos sobre economía e tradución e dun libro de lectura obrigatoria a longo do curso. Estas lecturas poranse a disposición dos alumnos na plataforma de teledocencia. Para a resolución das probas da parte teórica non se permitirá o emprego de materiais. Todas as actividades da parte teórica da materia serán de carácter obrigatorio, polo que se non se realizan durante o curso terán que realizarse na convocatoria de xullo.

Na parte de tradución faranse probas de tipo "probas prácticas" e "traballos e proxectos". Nas probas de tradución só se permitirá o uso de materiais controlados, que se comunicarán na clase. Todas as actividadesavaliables da parte práctica da materia serán de carácter obrigatorio. A cualidade dos traballos de tradución avaliarase por medio de rúbricas que se publicarán no apartado correspondente de faitic antes da realización de cada proba.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que teñan lugar as probas de avalliación.

Avaliación única:

Aqueles estudantes que poidan demostrar documentalmente (contrato de traballo con incompatiblidade horaria ou semellante) que non poden facer avaliación continua, poderán optar por comprimir as probas durante o período oficial de exames marcado polo decanato. No entanto, as probas realizadas serán as mesmas que se inclúen na avaliación continua (tradución de dous textos, unha directa e outra inversa, proba teórica e proba de lectura do libro obrigatorio, e proxecto de documentación e tradución, neste caso individual e non tutelado). As porcentaxes neste caso serán as seguintes:

Probas de tradución: 50% (25% cada unha)

Traballo de documentación e tradución: 25%

Teoría e lectura do libro obrigatorio: 25%

Todas as probas realizaranse na data oficial fixada polo decanato, non sendo o traballo non tutelado, cuxa formulación se porá a disposición dos estudantes en faitic na mesma data que a dos alumnos de avaliación continua e terá como data de entrega o 24 de maio. Será obrigatorio que o estudante supere as tres partes para aprobar a materia e non se gardarán as partes aprobadas para o curso seguinte. Para as respostas ás preguntas da proba de teoría poderá empregarse calquera das dúas linguas da combinación lingüística da materia e ningún material. Non se permitirá o uso de medios telemáticos para as traducións nin medios de ningún tipo para a parte teórica e de lectura do libro.

Na convocatoria de xullo, a avaliación consistirá nas mesmas probas que a avaliación continua (tradución de dous textos, unha directa e outra inversa, proba teórica e proba de lectura do libro obrigatorio, e proxecto de documentación e tradución, neste caso individual e non tutelado). As porcentaxes neste caso serán as seguintes:

Probas de tradución: 50% (25% cada unha)

Traballo de documentación e tradución: 25%

Teoría e lectura do libro obrigatorio: 25%

Todas as probas presenciais realizaranse na data oficial fixada polo decanato, data na que se entregará tamén o traballo non tutelado, cuxa formulación se porá a disposición dos estudantes en faitic na mesma data que a dos alumnos de avaliación continua. Será obrigatorio que o estudante supere as tres partes para aprobar a materia e non se gardarán as partes aprobadas para o curso seguinte. Para as respostas ás preguntas da proba de teoría poderá empregarse calquera das dúas linguas da combinación lingüística da materia. Non se permitirá o uso de medios telemáticos para as traducións nin medios de ningún tipo para a parte teórica e de lectura do libro.

É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas nas que teñan lugar as probas de avalliación.

En calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da convocatoria e do sistema de avaliación elixido, obterán a cualificación de 0 aqueles alumnos que:

- Cometan máis de dúas faltas de ortografía.

- Cometan máis de dous erros gramaticais.

- Cometan un contrasentido grave ou dous falsos sentidos graves.

- Incorran en plaxio total ou parcialmente. Alegar descoñecemento de que é un plaxio non eximirá o alumno da súa responsabilidade neste aspecto.

A cualidade dos traballos de tradución avaliarase por medio de rúbricas que se publicarán no apartado correspondente de faitic antes da realización de cada proba.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000