Na convocatoria de maio existirán dúas posibilidades de avaliación, a continua ou a única. Os alumnos que desexen acollerse á avaliación continua deberán indicarllo á profesora durante a primeira semana de clase. Transcorrido ese período, entenderase que os alumnos que non o fixeron optan pola avaliación única. Avaliación continua: Salvo casos excepcionais a criterio da docente, será obrigatoria a asistencia a un 80% das sesións. Enténdese por asistencia "presenza, atención e participación activa nas actividades propostas". A mera presenza física do estudante na aula durante a clase non se considera asistencia. As probas para a avaliación continua serán as indicadas no apartado de avaliación desta guía, nas porcentaxes expresadas. Cando un alumno opte pola avaliación continua e, ao longo do desenvolvemento da mesma, incumpra o requisito de asistencia obrigatoria ás sesión, ou non entregue todas as tarefas requiridas, perderá o dereito á avaliación continua e deberá presentarse directamente ao exame oficial da convocatoria de xullo. A materia terá dúas partes vinculadas pero diferenciadas (teoría e tradución) e será obrigatorio que os estudantes superen as dúas para superar a materia. Dentro da parte de tradución, haberá avaliación individual e en grupo. Os estudantes que superen a tradución en grupo pero non a tradución individual deberán recuperar en xullo a parte de tradución individual. As probas de resposta curta corresponderanse coa parte teórica da materia, que incluirá a lectura obrigatoria de varios textos sobre economía e tradución a longo do curso. Estas lecturas poranse a disposición dos alumnos na plataforma de teledocencia. Para a resolución das probas da parte teórica non se permitirá o emprego de materiais.Todas as actividades da parte teórica da materia serán de carácter obrigatorio. Na parte de tradución faranse probas de tipo "probas prácticas" e "traballos e proxectos". Nas probas de tradución só se permitirá o uso de materiais controlados, que se comunicarán na clase. Todas as actividades da parte práctica da materia serán de carácter obrigatorio. Avaliación única: Aqueles estudantes que poidan demostrar documentalmente (contrato de traballo con incompatiblidade horaria ou semellante) que non poden facer avaliación continua, poderán optar á realización dun exame único, que se celebrará na semana seguinte ao remate das clases (anunciarase a data en FAITIC) e que consistirá nunha proba de teoría (20%), unha tradución directa (45%) e unha tradución inversa (35%). Será obrigatorio que o estudante supere as tres partes para aprobar a materia e non se gardarán as partes aprobadas para o curso seguinte. Para as respostas ás preguntas da proba de teoría poderá empregarse calquera das dúas linguas da combinación lingüística da materia. Non se permitirá o uso de medios telemáticos para as traducións nin medios de ningún tipo para a parte teórica. Na convocatoria de xullo, o exame consistirá nunha proba de teoría (20%), unha tradución directa (45%) e unha tradución inversa (35%). Será obrigatorio que o estudante supere as tres partes para aprobar a materia e non se gardarán as partes aprobadas para o curso seguinte. Para as respostas ás preguntas da proba de teoría poderá empregarse calquera das dúas linguas da combinación lingüística da materia. Non se permitirá o uso de medios telemáticos para as traducións nin medios de ningún tipo para a parte teórica. En calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da convocatoria e do sistema de avaliación elixido,obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que: - Cometan máis de dúas faltas de ortografía. - Cometan máis de dous erros gramaticais. - Cometan un contrasentido grave ou dous falsos sentidos graves. - Incorran en plaxio total ou parcialmente. De maneira xeral aplicarase na corrección das traducións o seguinte modelo de corrección: Contrasentido: - 2 Falso sentido: - 1 Falso sentido leve: - 0'5 Omisión grave: - 0,5 Omisión leve: - 0,25 Ortografía: - 0,5 Gramática: - 0,5 Castelanismo: -0,5 Terminología especializada: - 0,5 Calco estructural: - 0,5 Calco léxico: - 0,5 Imprecisión: - 0,25 Registro inapropiado: - 0,25 |