Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución económica idioma 1: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Os alumnos deberán realizar tres probas individuais de tradución con tempo e material controlados. As dúas primeiras representarán un 10% da nota final cada unha e a última un 20% 40 A2
A4
C1
C2
C3
C4
C5
C8
C17
C18
C22
Traballos e proxectos Os alumnos deberán executar un breve proxecto de tradución non tutelado en grupo.
Data de entrega: 27 de maio
30 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C2
C3
C4
C5
C8
C9
C10
C11
C17
C18
C21
C22
C24
Probas de resposta curta Os alumnos realizarán probas de resposta curta relacionados cos contidos teóricos da materia e co libro de lectura obrigatoria 30 A1
A5
C9
C18
C24
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na convocatoria de maio existirán dúas posibilidades de avaliación, a continua ou a única.

Os alumnos que desexen acollerse á avaliación continua deberán indicarllo á profesora durante a primeira semana de clase. Transcorrido ese período, entenderase que os alumnos que non o fixeron optan pola avaliación única.

Avaliación continua: 
Salvo casos excepcionais a criterio da docente, será obrigatoria a asistencia a un 80% das sesións. Enténdese por asistencia "presenza, atención e participación activa nas actividades propostas". A mera presenza física do estudante na aula durante a clase non se considera asistencia.

As probas para a avaliación continua serán as indicadas no apartado de avaliación desta guía, nas porcentaxes expresadas. Cando un alumno opte pola avaliación continua e, ao longo do desenvolvemento da mesma, incumpra o requisito de asistencia obrigatoria ás sesión, ou non entregue todas as tarefas requiridas, perderá o dereito á avaliación continua e deberá presentarse directamente ao exame oficial da convocatoria de xullo.

A materia terá dúas partes vinculadas pero diferenciadas (teoría e tradución) e será obrigatorio que os estudantes superen as dúas para superar a materia. Dentro da parte de tradución, haberá avaliación individual e en grupo. Os estudantes que superen a tradución en grupo pero non a tradución individual deberán recuperar en xullo a parte de tradución individual. 

As probas de resposta curta corresponderanse coa parte teórica da materia, que incluirá a lectura obrigatoria de varios textos sobre economía e tradución a longo do curso. Estas lecturas poranse a disposición dos alumnos na plataforma de teledocencia. Para a resolución das probas da parte teórica non se permitirá o emprego de materiais.Todas as actividades da parte teórica da materia serán de carácter obrigatorio.

Na parte de tradución faranse probas de tipo "probas prácticas" e "traballos e proxectos". Nas probas de tradución só se permitirá o uso de materiais controlados, que se comunicarán na clase. Todas as actividades da parte práctica da materia serán de carácter obrigatorio.

Avaliación única:

Aqueles estudantes que poidan demostrar documentalmente (contrato de traballo con incompatiblidade horaria ou semellante) que non poden facer avaliación continua, poderán optar á realización dun exame único, que se celebrará na semana seguinte ao remate das clases (anunciarase a data en FAITIC) e que consistirá nunha proba de teoría (20%), unha tradución directa (45%) e unha tradución inversa (35%). Será obrigatorio que o estudante supere as tres partes para aprobar a materia e non se gardarán as partes aprobadas para o curso seguinte. Para as respostas ás preguntas da proba de teoría poderá empregarse calquera das dúas linguas da combinación lingüística da materia. Non se permitirá o uso de medios telemáticos para as traducións nin medios de ningún tipo para a parte teórica. 

Na convocatoria de xullo, o exame consistirá nunha proba de teoría (20%), unha tradución directa (45%) e unha tradución inversa (35%). Será obrigatorio que o estudante supere as tres partes para aprobar a materia e non se gardarán as partes aprobadas para o curso seguinte. Para as respostas ás preguntas da proba de teoría poderá empregarse calquera das dúas linguas da combinación lingüística da materia. Non se permitirá o uso de medios telemáticos para as traducións nin medios de ningún tipo para a parte teórica. 

En calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da convocatoria e do sistema de avaliación elixido,obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:

- Cometan máis de dúas faltas de ortografía.

- Cometan máis de dous erros gramaticais.

- Cometan un contrasentido grave ou dous falsos sentidos graves.

- Incorran en plaxio total ou parcialmente.

De maneira xeral aplicarase na corrección das traducións o seguinte modelo de corrección:

Contrasentido: - 2

Falso sentido: - 1

Falso sentido leve: - 0'5

Omisión grave: - 0,5

Omisión leve: - 0,25

Ortografía: - 0,5

Gramática: - 0,5

Castelanismo: -0,5 

Terminología especializada: - 0,5

Calco estructural: - 0,5

Calco léxico: - 0,5

Imprecisión: - 0,25

Registro inapropiado: - 0,25

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000