Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución económica idioma 1: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Os alumnos realizarán e subirán a FAITIC diferentes exercicios relacionados cos temas analizados na clase e coas lecturas do curso. A entrega destes exercicios será obrigatoria e a profesora avaliará unha selección deles. 20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Os alumnos deberán realizar tres probas individuais de tradución con tempo e material controlados. Cada unha delas representará o 10 % da nota final.
<br>Data da primeira proba: 11 de febreiro (na hora de clase)
<br>Data da segunda proba: 25 de marzo (na hora de clase)
<br>Data da terceira proba: 12 de maio (9.30)
30
Traballos e proxectos Os alumnos deberán executar un breve proxecto de tradución non tutelado en grupo.
Data de entrega: 19 de maio
30
Probas de resposta curta Os alumnos realizarán probas de resposta curta relacionados cos contidos teóricos da materia e co libro de lectura obrigatoria 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na convocatoria de maio existirán dúas posibilidades de avaliación, a continua ou a única.

Os alumnos que desexen acollerse á avaliación continua deberán indicarllo á profesora durante a primeira semana de clase. Transcorrido ese período, entenderase que os alumnos que non o fixeron optan pola avaliación única.

Avaliación continua:
Salvo casos excepcionais a criterio da docente, será obrigatoria a asistencia a un 80% das sesións. Enténdese por asistencia "presenza, atención e participación activa nas actividades propostas". A mera presenza física do estudante na aula durante a clase non se considera asistencia.

As probas para a avaliación continua serán as indicadas no apartado de avaliación desta guía, nas porcentaxes expresadas. Cando un alumno opte pola avaliación continua e, ao longo do desenvolvemento da mesma, incumpra o requisito de asistencia obrigatoria ás sesión, ou non entregue todas as tarefas requiridas, perderá o dereito á avaliación continua e deberá presentarse directamente ao exame oficial da convocatoria de xullo.

A materia terá dúas partes vinculadas pero diferenciadas (teoría e tradución) e será obrigatorio que os estudantes superen as dúas para superar a materia. Dentro da parte de tradución, haberá avaliación individual e en grupo. Os estudantes que superen a tradución en grupo pero non a tradución individual deberán recuperar en xullo a parte de tradución individual.

As probas de resposta curta e resolución de problemas corresponderanse coa parte teórica da materia, que incluirá a lectura obrigatoria de varios textos sobre economía e tradución a longo do curso. Estas lecturas poranse a disposición dos alumnos na plataforma de teledocencia. Para a resolución das probas da parte teórica non se permitirá o emprego de materiais.Todas as actividades da parte teórica da materia serán de carácter obrigatorio.

Na parte de tradución faranse probas de tipo "probas prácticas" e "traballos e proxectos". Nas probas de tradución só se permitirá o uso de materiais controlados, que se comunicarán na clase. Todas as actividades da parte práctica da materia serán de carácter obrigatorio.

Avaliación única:

Aqueles estudantes que poidan demostrar documentalmente (contrato de traballo con incompatiblidade horaria ou semellante) que non poden facer avaliación continua, poderán optar á realización dun exame único, que se celebrará o día 12 de maio de 9.30 á 15.00 horas e que consistirá nunha proba de teoría (20%), unha tradución directa (45%) e unha tradución inversa (35%). Será obrigatorio que o estudante supere as tres partes para aprobar a materia e non se gardarán as partes aprobadas para o curso seguinte. Para as respostas ás preguntas da proba de teoría poderá empregarse calquera das dúas linguas da combinación lingüística da materia.

Na convocatoria de xullo, o exame consistirá nunha proba de teoría (20%), unha tradución directa (45%) e unha tradución inversa (35%). Será obrigatorio que o estudante supere as tres partes para aprobar a materia e non se gardarán as partes aprobadas para o curso seguinte. Para as respostas ás preguntas da proba de teoría poderá empregarse calquera das dúas linguas da combinación lingüística da materia.

En calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da convocatoria e do sistema de avaliación elixido,obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:

- Cometan máis de dúas faltas de ortografía.

- Cometan máis de dous erros gramaticais.

- Cometan un contrasentido grave ou dous falsos sentidos graves.

- Incorran en plaxio total ou parcialmente.

De maneira xeral aplicarase na corrección das traducións o seguinte modelo de corrección:

Contrasentido: - 2

Falso sentido: - 1

Falso sentido leve: - 0'5

Omisión grave: - 0,5

Omisión leve: - 0,25

Ortografía: - 0,5

Gramática: - 0,5

Castelanismo: -0,5 

Terminología especializada: - 0,5

Calco estructural: - 0,5

Calco léxico: - 0,5

Imprecisión: - 0,25

Registro inapropiado: - 0,25

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000