Guia docente 2012_13
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución económica idioma 1: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións
10
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma

15
Probas de tipo test Os alumnos responderán preguntas sobre as cuestións teóricas vistas na clase e sobre a súa aplicación á práctica da tradución 10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Os alumnos deberán realizar unha proba individual de tradución directa con tempo controlado 15
Traballos e proxectos Na parte directa da materia, os alumnos deberán executar un breve proxecto de tradución non tutelado en grupo (15%)
Na parte inversa, os alumnos realizarán dúas encomendas, nas que se poderá solicitar tamén un breve comentario (35%)
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na convocatoria de maio existirán dúas posibilidades de
avaliación, a continua ou a única.

Os alumnos que desexen acollerse á avaliación continua deberán indicarllo á profesora durante a
primeira semana de clase. Transcorrido ese período, entenderase que os alumnos
que non o fixeron optan pola avaliación
única.

Avaliación
continua:

-
Salvo casos excepcionais a criterio das docentes, será obrigatoria a asistencia a un 80% das sesión, distribuídas da seguinte
forma:

Primeiras 11 semanas:

Asistencia obrigatoria a 9 das 11 sesións de teoría

Asistencia obrigatoria a 9 das 11 sesións de práctica

Últimas 5 semanas:

Asistencia obrigatoria a 4 das cinco sesións de teoría

Asistencia obrigatoria a 4 das cinco sesións de práctica

As probas para a avaliación continua serán as indicadas no
apartado avaliación desta guía, nas porcentaxes expresadas

Cando
un alumno opte pola avaliación continua e, ao longo do desenvolvemento da
mesma, incumpra o requisito de asistencia obrigatoria ás sesión, ou non
entregue todas as tarefas requiridas, perderá o dereito á avaliación continua e
deberá presentarse directamente ao exame oficial da convocatoria de xullo.

A materia terá tres partes vinculadas pero diferenciadas (teoría,
tradución directa e tradución inversa) e será obrigatorio que os estudantes
superen as tres para superar a materia. As partes superadas na convocatoria de
maio non deberán ser recuperadas na convocatoria de xullo

As probas tipo test e as presentacións corresponderanse coa parte
teórica da materia, que incluirá a lectura obrigatoria de varios textos sobre
economía e tradución a longo do curso. Estas lecturas poranse a disposición dos
alumnos na plataforma de teledocencia. As exposicións dos estudantes
realizaranse necesariamente en lingua inglesa.

Na parte de tradución directa faranse probas de tipo
"resolución de problemas", "probas prácticas" e
"traballos e proxectos".

Na parte de tradución inversa faranse probas de tipo
"traballos e proxectos" que se presentarán sempre en lingua inglesa.

Avaliación única:

Os
alumnos que así o indiquen, ou que non indiquen que desexan facer avaliación
continua, terán a posibilidade de superar a materia realizando unha serie de
probas (con prazos fixos) que se realizarán ao longo do curso e que estarán
descritas dende o primeiro día de clase na plataforma de teledocencia faitic.
Entre esas probas incluiranse tradución directa (35%), inversa (35%), teoría
(20%) e unha exposición oral en lingua inglesa sobre un tema de actualidade
económica que se comunicará no seu momento (10%). Será obrigatorio que o
estudante supere todas as partes para aprobar a materia e non se gardarán as
partes aprobadas.

Será obriga dos estudantes que opten por este tipo de avaliación
manterse ao día das entregas e traballos,  nos prazos (datas e horarios)
propostos a través da plataforma de teledocencia. O profesorado non enviará
correos individuais aos estudantes para informalos deses prazos. As consultas
dirixidas ao profesorado por correo electrónico responderanse só durante o
horario das titorías, horario durante o cal os estudantes que non asistan a clase
poderán acudir ao despacho das docentes a corrixir as súas actividades.

Na convocatoria de xullo,
o exame consistirá nunha proba de teoría (20%), unha tradución directa (45%) e
unha tradución inversa (35%). Será obrigatorio que o estudante supere as tres
partes para aprobar a materia e non se gardarán as partes aprobadas para o
curso seguinte. Para as respostas ás preguntas da proba de teoría poderá
empregarse calquera das dúas linguas da combinación lingüística da materia.

En calquera das probas, traballos ou
exercicios, independentemente da convocatoria e do sistema de avaliación
elixido,obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:

-       
Cometan máis de dúas faltas de ortografía (este criterio non
se aplicará nas tarefas de tradución inversa).

-       
Cometan máis de dous erros
gramaticais (catro no caso das tarefas de tradución inversa).

-       
Cometan un contrasentido
(aplicable ás traducións).

-       
Incorran en plaxio total ou
parcialmente.


Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000