Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución económica idioma 1: Inglés-Galego
   Competencias
Código Descrición
A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
C1 Dominio de linguas estranxeiras
C2 Coñecemento de culturas e civilizacións estranxeiras
C3 Dominio da lingua propia, escrita e oral
C4 Coñecer norma e usos das linguas de traballo
C5 Dominio de técnicas terminolóxicas e neolóxicas para a tradución especializada
C8 Destreza para a procura de información/documentación
C9 Coñecemento dos aspectos económicos e profesionais
C10 Capacidade de traballo en equipo
C11 Capacidade de deseñar e xerir proxectos
C17 Capacidade de tomar decisións
C18 Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica
C21 Rigor e seriedade no traballo
C22 Destrezas de tradución
C24 Capacidade de aprendizaxe autónoma
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000