Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución xurídica-administrativa idioma 1: Francés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Coa finalidade de realizar unha aprendizaxe significativa propomos unha serie de estratexias dirixidas a activar os coñecementos previos do alumnado sobre tradución xurídica e administrativa na opción de francés/castelán.
As sesións maxistrais consistirán na exposición por parte do docente de todas as cuestións teóricas precisas para desenvolver os temas que se imparten, así como as cuestións tradutolóxicas específicas do ámbito xurídico e administrativo.
Actividades introdutorias As actividades introdutorias consistirán na familiarización coa terminoloxía, estilo e características dos modelos textuais xurídico-administrativos.
A organización entre as partes constitutivas do material que expoñemos pretende a construción de conexións internas a través de estratexias de representación visoespacial como mapas conceptuais, redes semánticas e as súas representacións lingüísticas en forma de resumos ou cadros sinópticos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000