Guia docente 2017_18
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución xurídica-administrativa idioma 1: Francés-Español
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2017_18
Materia Tradución xurídica-administrativa idioma 1: Francés-Español Código V01G230V01705
Titulación
Grao en Tradución e Interpretación
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 4 1c
Lingua de impartición
Castelán
Francés
Galego
Prerrequisitos
Departamento Tradución e lingüística
Coordinador/a
Garrido Vilariño, Xoán Manuel
Correo-e garrido@uvigo.es
Profesorado
Ferreiro Vázquez, Óscar
Garrido Vilariño, Xoán Manuel
Web http://http://www.galego-on.com/
Descrición xeral Esta materia ten por obxectivo principal formar ao alumnado na práctica da tradución directa francés- castelán nos eidos legal e institucional, cos obxectivos de orientalos de cara á comprensión profunda dos textos destes eidos, de dotalos duns coñecementos básicos sobre dereito e xestión, de proporcionarlles unha certa perspectiva das condicións do mundo da tradución profesional e de fomentar o espírito crítico de cara á actividade da tradución.
Cando nos referimos a “xurídicos/as e administrativos/as” incluímos tanto os textos que xeran Organismos Institucionais de ámbito local, autonómico, estatal e supraestatal, ben por iniciativa lexislativa propia ben nos textos xerados a partir da súa relación cos administrados ou das relacións dos Organismos entre si; con esta mesma denominación incluímos os textos da institucións do dereito nas súas decisións xurisdicionais tanto nas súas relacións cos cidadáns e destes entre si a través dos axentes da Xustiza.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000