Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución xurídica-administrativa idioma 1: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Cando o profesorado remate as exposicións de contidos teóricos haberá unha proba escrita sobre os mesmos. 20 C1
C3
C4
C12
C21
C25
C27
D1
D4
D9
Resolución de problemas e/ou exercicios As probas prácticas consistirán na realización de encargas de tradución directa (francés-galego) e a súa entrega fóra de prazo contará como un 0. 30 C1
C3
C4
C12
C21
C25
C27
D1
D4
D9
D15
Estudo de casos/análise de situacións Valorarase a capacidade de documentación do alumnado con exercicios específicos realizados na aula. 10 C1
C3
C4
C12
C21
C25
C27
D1
D4
D9
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realización de tarefas de tradución inversa (galego-francés). 20 C1
C3
C4
C9
C12
C21
C24
C25
C27
D1
D4
D9
Probas de resposta curta A proba de resposta curta será un exame teórico no cal o alumnado terá que describir e reflexionar sobre os modelos e tipos textuais máis comúns relacionados co ámbito de especialidade da materia. 20 C1
C2
C3
C4
C12
C21
C25
C27
D1
D4
D9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cada alumno poderá acollerse a dúas convocatorias por curso. Só se realizará avaliación continua para a convocatoria de decembro. Acollerse a avaliación continua implicará consumir a convocatoria oficial de decembro.

A falta de asistencia non xustificada a máis do 10% das horas presenciais (é dicir, a máis de 6 horas presenciais) suporá un suspenso automático. O plaxio suporá un suspenso automático, e ademais posibles medidas legais contra o alumno.

O alumnado terá que superar todas as probas e tarefas para acadar o aprobado. As probas escritas sobre os conceptos teóricos e modelos e tipos textuais terán lugar a finais de novembro de 2015. As probas prácticas de tradución directa e inversa, así como a valoración dos estudos de caso e análise de situacións desenvolveranse ao longo do curso. Gardaranse os resultados das probas superadas ata a convocatoria de xullo.

Para a avaliación das tarefas de tradución inversa o alumnado terá que realizar 3 encomendas. As encomendas encargaranse de 
maneira regular e o alumnado disporá de ata 7 días naturais para entregar as traducións. A nota calcularase facendo a media entre as notas das 2 encomendas con mellor nota.

As persoas que non optasen pola avaliación continua ou que perdesen a opción de seguir coa avaliación continua deberán presentarse en persoa na penúltima sesión para recibiren as instrucións correspondentes ao exame final de decembro. Este consistirá en dúas encomendas de tradución (directa e inversa) con preguntas sobre procedementos e estratexias, así como nun exame de resposta longa sobre os conceptos teóricos impartidos nas clases. O prazo e a modalidade de entrega das encomendas comunicaranse na última sesión. 

A avaliación final anunciarase ao longo do curso e darase aviso por FAITIC. 


Exame de xullo: mesmo procedemento que exame final de decembro, nas datas que sinale o centro.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000