Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución xurídica-administrativa idioma 1: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Cando o profesorado remate as exposicións de contidos teóricos haberá unha proba escrita sobre os mesmos. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios As probas prácticas consistirán na realización de encargas de tradución directa (francés-galego) e a súa entrega fóra de prazo contará como un 0. 30
Estudo de casos/análise de situacións Valorarase a capacidade de documentación do alumnado con exercicios específicos realizados na aula. 10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realización de tarefas de tradución inversa (galego-francés). 20
Probas de resposta curta A proba de resposta curta será un exame teórico no cal o alumnado terá que describir e reflexionar sobre os modelos e tipos textuais máis comúns relacionados co ámbito de especialidade da materia. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cada alumno poderá acollerse a dúas convocatorias por curso. Só
se realizará avaliación continua para a convocatoria de decembro. Acollerse a
avaliación continua implicará consumir a convocatoria oficial de decembro.

A falta de asistencia non xustificada a máis do 10% das
horas presenciais (é dicir, a máis de 6 horas presenciais) suporá un suspenso
automático. O plaxio suporá un suspenso automático, e ademais posibles
medidas legais contra o alumno.

O alumnado terá que superar todas as probas e tarefas para acadar o aprobado. As probas escritas sobre os conceptos teóricos e modelos e tipos textuais terán lugar a finais de outubro de 2014. As probas prácticas de tradución directa e inversa, así como a valoración dos estudos de caso e análise de situacións desenvolveranse ao longo do curso. Gardaranse os resultados das probas superadas ata a convocatoria de xullo.

Para a avaliación das tarefas de tradución inversa o alumnado terá que realizar 3
encomendas. As encomendas encargaranse de
maneira regular e o alumnado disporá de ata 7 días naturais para
entregar as traducións. A nota calcularase facendo a media entre as notas das 2 encomendas con mellor nota.


As persoas que non optasen pola avaliación continua ou que perdesen a
opción de seguir coa avaliación continua deberán presentarse en persoa o
día da sesión do 2 de decembro de 2014 para recibiren as instrucións
correspondentes ao exame final de decembro. Este consistirá en dúas
encomendas de tradución (directa e inversa) con preguntas sobre procedementos e estratexias, así como nun exame de resposta longa sobre os conceptos teóricos impartidos nas clases. O
prazo e a modalidade de entrega das encomendas comunicaranse o día 8 de
decembro.

A avaliación final será o o 12 de xaneiro de 2015, ás 16:00. 


Exame de xullo: mesmo procedemento que exame final de decembro, nas datas que sinale o centro.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000