Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución xurídica-administrativa idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Práctica de laboratorio As probas prácticas consistirán nun total de dúas traducións en grupo realizadas fóra da aula en directa (35%) e dúas en inversa (35%). A entrega fóra de prazo do encargo contará como un 0.
As datas de entrega dos encargos de directa serán na 3ª e 6ª semana do cuadrimestre. No caso da inversa, serán na 10ª e 13ª semana (as datas concretas anunciaranse na aula e vía Moovi para todos os encargos).
Estas datas poderán anticiparse ou adiarse unha semana e dependerán das necesidades da docente e/ou dos/das estudantes.
Resérvase un 10% no que se avaliará a participación do alumnado na aula.
80 A2
A3
A4
C4
C17
C21
C22
C26
D4
D6
D9
D14
D15
D22
Resolución de problemas e/ou exercicios A proba teórica celebrarase de acordo coa data publicada en Moovi. 20 A1
A3
A4
A5
C26
D6
D8
D9
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cada alumno poderá acollerse ás dúas oportunidades de avaliación por curso, decembro e xullo. Só se realizará avaliación continua para a convocatoria de decembro, e acollerse á avaliación continua implicará consumir a convocatoria oficial de decembro. A entrega dun só encargo avaliable suporá a aceptación implícita da avaliación continua. Os alumnos que desexen acollerse á avaliación continua deberán indicarllo á docente durante a primeira semana de clase da materia na ficha que se debe entregar con foto ou de xeito virtual (Moovi).

Os alumnos que desexen modificar o tipo de avaliación durante o desenvolvemento do cuadrimestre deberán poñerse en contacto coa docente mediante un correo electrónico onde se reflictan as razóns desta modificación e engadan os documentos acreditativos oportunos. Os alumnos Erasmus e Sicue que non se poidan incorporar ao curso desde o seu inicio deberán informar á docente desta circunstancia mediante correo electrónico desde a data de inicio de aulas e acreditar a antedita situación mediante documentos de xeito que a docente poida propor actividades con tempo que lles permitan incorporarse á avaliación continua. Aplícase este mesmo procedemento a calquera outro estudante que non poida por motivos persoais iniciar o curso con normalidade e en calquera destes tres casos poderá recomendarse o seguimento da avaliación única como medida tendo en conta o momento de incorporación destes estudantes.

Os estudantes que opten pola avaliación continua deberán facer unha proba teórica que se celebrará nas aulas asignadas para cada grupo (especificaranse as datas, aulas e horarios no Moovi). Os encargos entregaranse durante a docencia de cada parte e confirmaranse polo Moovi. Os/as estudantes que suspendan na primeira edición de actas poderán presentarse á convocatoria de xullo sendo o exame similar ao da primeira edición de actas sen avaliación continua. Para aprobar é necesario obter unha calificación mínima de 5 sobre 10 en cada unha das partes das que consta a materia (teoría, directa e inversa). Para facer o cálculo da calificación da parte de directa e inversa realizarase a media entre as dúas notas dos encargos grupales (directa e inversa), ás que se sumará o exame teórico e a participación na aula.

Excepcionalmente, poderá acordarse cos estudantes (avaliación continua) que non superen unha parte concreta da materia (das 3 das que consta) o mecanismo oportuno para recuperar esa parte na segunda convocatoria.  Copiar doutro alumno ou dunha terceira persoa nun encargo ou nun exame suporá un suspenso automático e ademais a posible apertura dun expediente contra o alumno. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

Os exames sen avaliación continua consistirán en tres preguntas teóricas breves, que poderán responderse en galego, castelán ou inglés e suporán o 20 % da nota; un exercicio de tradución directa, que suporá o 40 % da nota; e un exercicio de tradución inversa que suporá o 40% da nota. O exame realizarase o día disposto no calendario oficial de exames. Para aprobar a materia seguindo a avaliación única deberá obterse un 5 en cada unha das partes das que consta a materia (teoría, directa e inversa).

A profesora distribuirá ao alumnado en dous grupos antes do inicio das clases. Esa distribución é inamovible, salvo que o alumno xustifique documentalmente á docente a imposibilidade de acudir á aula na franxa asignada e a necesidade de acudir ao outro grupo para poder conciliar a súa vida laboral/persoal. Só se atenderán cambios nesas circunstancias.

OUTROS COMENTARIOS:

En calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da convocatoria e do sistema de avaliación elixido, obterán a calificación de suspenso os alumnos que:

-Cometan máis de dúas faltas de ortografía (este criterio non se aplicará ás tarefas de tradución inversa).

-Non realicen correctamente a tradución de cuantías e cifras.

-Cometan máis de dous erros gramaticales na parte de directa (catro no caso das tarefas de tradución inversa). A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.

-Comentan un contrasenso (aplicable ás traducións).

-Incorran en plaxio total ou parcial de calquera traballo ou exame, o cal suporá un cero nese traballo ou proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

A docencia de cada parte dos contidos poderá experimentar modificacións de acordo coas necesidades do alumnado.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000