Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución xurídica-administrativa idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. As probas prácticas consistirán nun total de dúas traducións realizadas fóra da aula (directa (25%) e inversa (15%)) e dúas probas prácticas (directa (25%) e inversa (15%)). A entrega fóra do prazo dunha encomenda contará coma un 0.

As traducións fóra da aula consistirán nunha encomenda de grupo para a parte de directa que deberá entregarse na data límite 20 de novembro de 2017 (entrega en formato papel e Faitic) e unha encomenda en grupo para a parte de inversa que se deberá entregar o 11 de decembro de 2017 (entrega en formato papel).


80 A2
A3
A4
C4
C17
C21
C22
C26
D4
D6
D9
D14
D15
D22
Probas de resposta curta A proba de resposta curta será un exame teórico clásico de 6 preguntas breves (3 da parte de directa (10%) e 3 da parte de inversa (10%)) que se realizará na última sesión de aulas da semana do 11 de decembro de 2017 (a data exacta publicarase en Faitic).
20 A1
A3
A4
A5
C26
D6
D8
D9
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cada alumno poderá acollerse a dúas oportunidades de avaliación por curso, decembro e xullo. Só se realizará avaliación continua para a convocatoria de decembro e acollerse á avaliación continua implicará consumir a convocatoria oficial de decembro (data no calendario oficial). A entrega dunha soa encomenda avaliable suporá a aceptación implícita da avaliación continua. Os alumnos que desexen acollerse á avaliación continua deberán indicarllo á docente durante a primeira semana da materia na ficha que se debe entregar con foto.

Copiar doutro alumno ou dunha terceira persoa nunha encarga ou nun exame suporá un suspenso automático, e ademais posible apertura de expediente contra o alumno. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabiidade neste aspecto.

Os exames sen avaliación continua consistirán en tres preguntas teóricas breves, que poderán responderse en galego, castelán ou inglés e suporán o 30 % da nota; un exercicio de tradución directa, que suporá o 40 % da nota; e un exercicio de tradución inversa que suporá o 30% da nota. A data desta proba é a que aparece no calendario oficial de exames.

Os alumnos que suspendan na primeira edición de actas poderanse presentar á convocatoria de xullo, sendo o exame similar á da primeira edición de actas sen avaliación continua. Excepcionalmente, poderá acordarse cos estudantes que non superasen unha parte concreta da materia o mecanismo oportuno para recuperar esa parte na segunda convocatoria. 

OUTROS COMENTARIOS:

En calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da convocatoria e do sistema de avaliación elixido, obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:

-Cometan máis de dúas faltas de ortografía (este criterio non se aplicará nas tarefas de tradución inversa).

-Non realicen a tradución correcta de cuantías e cifras.

-Cometan máis de dous erros gramaticais na parte directa (catro no caso das tarefas de tradución inversa). A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa correción lingüística.

-Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións).

-Incorran en plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

-A docencia de cada parte dos contidos poderá experimentar modificacións de acordo coas necesidades do alumnado.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000