Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución xurídica-administrativa idioma 1: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. As probas prácticas consistirán nun total de dúas traducións realizadas fóra das aulas (directa (20%) e inversa (20%)). E dous exames prácticos (directa (20%) e inversa (20%)). Todas estas probas avaliables terán unha extensión máxima dunha páxina, e a súa entrega fóra de prazo contará como un 0 (no caso das encomendas). 80 A2
A3
A4
C4
C17
C21
C22
C26
D4
D6
D9
D14
D15
D22
Probas de resposta curta A proba de resposta curta será un exame teórico clásico de 10 preguntas breves (5 da parte de directa (10%) e 5 da parte de inversa (10%)) que se realizará ó final do cuadrimestre (data da proba en FAITIC). 20 A1
A3
A4
A5
C26
D6
D8
D9
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cada alumno poderá acollerse a dúas oportunidades de avaliación por curso, decembro e xullo. Só se realizará avaliación continua para a convocatoria de decembro, e acollerse á avaliación continua implicará consumir a convocatoria oficial de decembro (data no calendario oficial). A entrega dunha soa encomenda avaliable suporá a aceptación implícita da avaliación continua. Os alumnos que desexen acollerse á avaliación continua deberán indicarllo á docente durante a primeira semana da materia na ficha que se debe entregar con foto.


Copiar doutro alumno ou dunha terceira persoa nunha encarga ou nun exame suporá un suspenso automático, e ademais posible apertura de expediente contra o alumno. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabiidade neste aspecto.


Os exames sen avaliación continua consistirán en tres preguntas teóricas breves, que poderán responderse en galego, castelán ou inglés e suporán o 30 % da nota; un exercicio de tradución directa, que suporá o 35 % da nota; e un exercicio de tradución inversa que suporá o 35% da nota. A data desta proba é a que aparece no calendario oficial de exames.


Os alumnos que suspendan na primeira edición de actas poderanse presentar á convocatoria de xullo, sendo o exame similar á da primeira edición de actas sen avaliación contínua. Así pois os alumnos de avaliación contínua que suspendan na primeira edición gardaráselles as notas aprobadas para a convocatoria de xullo.


OUTROS COMENTARIOS:


En calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da convocatoria e do sistema de avaliación elixido, obterán a cualificación de suspenso aqueles alumnos que:


-Cometan máis de dúas faltas de ortografía (este criterio non se aplicará nas tarefas de tradución inversa).


-Cometan máis de dous erros gramaticais na parte directa (catro no caso das tarefas de tradución inversa). A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa correción lingüística.


-Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións).


-Incorran en plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.


-A docencia de cada parte dos contidos poderá experimentar modificacións de acordo coas necesidades do alumnado.


 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000