Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución xurídica-administrativa idioma 1: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo Os traballos e proxectos consistirán na entrega dunha ou varias traducións realizadas de maneira autónoma, ben individual ou en grupo, e da elaboración dun traballo de documentación sobre un tema teórico, que poderá ir acompañado dunha breve exposición oral. 35 A2
A4
A5
C1
C2
C3
C4
C5
C8
C10
C16
C17
C18
C21
C22
C24
Exame de preguntas obxectivas As probas de resposta curta ou tipo test desenvolveranse ao longo do cuadrimestre e estarán relacionadas coas lecturas propostas para os diferentes contidos do temario, coa terminoloxía e coas estratexias de tradución vistas na clase. 15 A1
C17
C18
C24
Estudo de casos As probas prácticas consistirán en dúas traducións, realizadas nas sesións presenciais. Cada unha delas representará un 25 % da nota final. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os materiais de lectura obrigatoria anunciarase a través da plataforma de teledocencia MOOVI na primeira semana de clase.

Na convocatoria de decembro/xaneiro existirán dúas posibilidades de avaliación, a continua ou a única.

Avaliación continua:

As
probas para a avaliación continua serán as indicadas no apartado de
avaliación desta guía, nas porcentaxes expresadas. A materia terá dúas
partes vinculadas pero diferenciadas (teoría e tradución) e será
obrigatorio que os estudantes superen as dúas para superar a materia.
Dentro da parte de tradución, poderá haberá avaliación individual e en grupo.
Os estudantes que superen a tradución en grupo pero non a tradución
individual deberán recuperar en xullo a parte de tradución individual.

O exame de preguntas obxectivas corresponderanse coa parte
teórica da materia, que incluirá a procura e lectura de materias relacionados co dereito e a administracion. Todas as probas da
parte teórica da materia serán de carácter obrigatorio, polo que se non
se realizan durante o curso terán que realizarse o día do exame oficial.

Na parte práctica faranse probas de tipo "estudo de casos" e "traballo". Nas probas de tradución só se
permitirá o uso de materiais controlados, que se comunicarán na clase.
Todas as actividades avaliables da parte práctica da materia serán de
carácter obrigatorio. A cualidade dos traballos de tradución avaliarase
por medio de rúbricas que se publicarán no apartado correspondente de
moovi antes da realización de cada proba.

É responsabilidade do
alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma
MOOVI e de estar ao tanto das datas nas que teñan lugar as probas de
avalliación.

Avaliación única:

Os
estudantes que así o desexen poderán optar por comprimir as probas
durante o período oficial de exames marcado polo decanato. No entanto,
as probas realizadas serán as mesmas que se inclúen na avaliación
continua (tradución directa e inversa, proba teórica  e traballo
(neste caso individual e non tutelado). As porcentaxes neste caso serán
as seguintes:

Probas de tradución: 60 % (30 % cada unha)

Traballo de documentación e tradución: 20 %

Teoría: 20 %

Todas
as probas realizaranse na data oficial fixada polo decanato, non sendo o
traballo non tutelado, cuxa formulación se porá a disposición dos
estudantes en moovi un mes antes do remate do cuadrimestre. Será obrigatorio que o estudante supere as tres
partes para aprobar a materia e non se gardarán as partes aprobadas para
o curso seguinte. Para as respostas ás preguntas da proba de teoría
poderá empregarse calquera das dúas linguas da combinación lingüística
da materia e ningún material. Non se permitirá o uso de medios
telemáticos para as traducións nin medios de ningún tipo para a parte
teórica.

Na convocatoria de xullo, a avaliación consistirá nas
mesmas probas que na avaliación única e as porcentaxes e condicións
serán tamén as mesmas. 

É responsabilidade do alumnado consultar
os materiais e as novidades a través da plataforma MOOVI e de estar ao
tanto das datas nas que teñan lugar as probas de avalliación.

En
calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da
convocatoria e do sistema de avaliación elixido, obterán a cualificación
de 0 aqueles alumnos que:

- Cometan máis de dúas faltas de ortografía.

- Cometan máis de dous erros gramaticais.

- Cometan un contrasentido grave ou dous falsos sentidos graves.

-
Incorran en plaxio total ou parcialmente. Alegar descoñecemento de que é
un plaxio non eximirá o alumno da súa responsabilidade neste aspecto.

A
cualidade dos traballos de tradución avaliarase por medio de rúbricas
que se publicarán no apartado correspondente de moovi antes da
realización de cada proba.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000