Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución xurídica-administrativa idioma 1: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. As probas prácticas consistirán nun total de dúas traducións realizadas fóra das aulas (directa (20%) e inversa (20%) e dous exames prácticos (directa (20%) e inversa (20%)). A entrega fóra de prazo contará como un 0 (no caso das encomendas).

Realizaranse como traducións elaboradas fóra da aula unha encomenda de grupo para a parte de directa cuxa data de entrega concretarase dentro da semana do 23-27 de outubro de 2017 e unha encomenda de grupo para a parte de inversa cuxa data de entrega concretarase nas aulas dentro da semana do 27-1 de decembro de 2017.
80 A2
A3
A4
C4
C17
C18
C21
C22
C26
Probas de resposta curta A proba de resposta curta será un exame teórico clásico de 6 preguntas breves (3 da parte de directa (10%) e 3 da parte de inversa (10%)) que se realizará ó final do cuadrimestre (data da proba en FAITIC). 20 A1
A3
A4
A5
C26
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN
CONTINUA:

Cada alumno poderá acollerse a dúas
oportunidades de avaliación por curso, decembro e xullo. Só se realizará
avaliación continua para a convocatoria de decembro, e acollerse á avaliación
continua implicará consumir a convocatoria oficial de decembro (data no
calendario oficial). Os alumnos que desexen acollerse á avaliación continua
deberán indicarllo á docente durante a primeira semana da materia na ficha que
se debe entregar con foto. A entrega dunha soa encomenda avaliable suporá a
aceptación implícita da avaliación continua.

Os alumnos que suspendan na primeira edición
de actas poderanse presentar á convocatoria de xullo, sendo o exame similar á
da primeira edición de actas sen avaliación continua. Para aprobar é necesario
obter unha calificación mínima de 5 sobre 10 en cada unha das partes das que
consta a materia (teoría, directa e inversa). Para facer o cálculo da calificación
da parte de directa e inversa realizarase a media entre a nota da encomenda de
grupo e o exame práctico de cada unha das partes prácticas. Excepcionalmente, poderá negociarse cós alumnos de
avaliación continua, sempre e cando unicamente suspendan 1 das 3 partes das que
consta a materia, a realización desta parte na segunda convocatoria de actas
(xullo).

AVALIACIÓN
ÚNICA OU NON CONTINUA:

Os exames sen avaliación continua consistirán
en tres preguntas teóricas breves, que poderán responderse en galego, castelán
ou inglés e suporán o 30 % da nota; un exercicio de tradución directa, que
suporá o 35 % da nota; e un exercicio de tradución inversa que suporá o 35% da
nota. A data desta proba é a que aparece no calendario oficial de exames. Para
aprobar a materia deben superarse as tres partes das que consta (teoría,
directa e inversa) cunha nota mínima de 5.

*Copiar doutro alumno ou dunha terceira persoa nunha
encarga ou nun exame suporá un suspenso automático, e ademais posible apertura
de expediente contra o alumno. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non
eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

OUTROS COMENTARIOS:

En calquera das probas, traballos ou exercicios,
independentemente da convocatoria e do sistema de avaliación elixido, obterán a
cualificación de suspenso aqueles alumnos que:

-Cometan máis de dúas faltas de ortografía (este criterio
non se aplicará nas tarefas de tradución inversa).

-Non realicen correctamente a tradución de
cuantías e cifras (directa e inversa).

-Cometan máis de dous erros gramaticais na parte directa
(catro no caso das tarefas de tradución inversa). A avaliación terá en conta
non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa
correción lingüística.

-Cometan un contrasentido (aplicable ás traducións).

-Incorran en plaxio total ou parcial en calquera tipo de
traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón
un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.

-A docencia de cada parte dos contidos poderá
experimentar modificacións de acordo coas necesidades do alumnado.

 

 

 

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000