Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. |
As probas prácticas consistirán nun total de tres traducións, realizadas nas sesións presenciais. A primeira e a segunda contarán un 15% da nota final cada unha e a última un 20% |
50 |
A2
|
|
C1 C2 C3 C4 C5 C17 C18 C21 C22 C24
|
|
Cada alumno poderá acollerse a dúas convocatorias por curso, decembro e xullo. Só se realizará avaliación continua para a convocatoria de decembro, e acollerse a avaliación continua implicará consumir a convocatoria oficial de decembro. A realización dunha soa proba presencial suporá a aceptación implícita da avaliación continua, e a falta de asistencia non xustificada a máis do 20% das horas presenciais (é dicir, a máis de 10 horas presenciais) suporá un suspenso automático. Copiar doutro alumno ou dunha terceira persoa nunha entrega ou nun exame suporá un suspenso automático, e ademais posible apertura de expediente contra o alumno. O plaxio suporá un suspenso automático, e ademais posibles medidas legais contra o alumno. Cómpre destacar que factores como a asistencia ás sesións teóricas, as lecturas ou a realización dos casos prácticos non teñen valor directo na avaliación, pero que a súa realización facilitará indirectamente o éxito nas probas avaliables. Independentemente de que a nota media das tres partes da avaliación sexa aprobado, para superar a materia será obrigatorio superar as partes de teoría (tipo test) e de tradución individual (probas prácticas de execución de tarefas). As partes suspensas deberán recuperarse na convocatoria de xullo. Os exames sen avaliación continua consistirán nun exame de teoría, que poderá responderse en galego ou inglés e suporán o 30 % da nota; un exercicio de tradución directa, que suporá o 50 % da nota; e un exercicio de tradución inversa que suporá o 20% da nota. Os alumnos que se acolleron a avaliación continua non poderán presentarse ao exame de decembro. O exame de decembro se realizará na última semana do cuadrimestre. Os alumnos que suspendan na primeira edición de actas poderanse presentar á convocatoria de xullo, sendo o exame similar ao da primeira edición de actas sen avaliación contínua. Asi mesmo aos alumnos de avaliación contínua que suspendan na primeira edición gardaránselles as notas aprobadas para a convocatoria de xullo. Non se gardarán notas para a convocatoria de fin de carreira de outubro. |