Guia docente 2013_14
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución xurídica-administrativa idioma 1: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Probas de resposta curta A proba de resposta curta será un exame teórico clásico de 10 preguntas breves que se realizará a final de curso. Este exame teórico non é unha proba eliminatoria, mais ten un peso importante na nota final. 30
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. As probas prácticas consistirán nun total de seis traducións, catro directas e dúas inversas, catro delas realizadas fóra das aulas cun amplo prazo de entrega e dúas delas realizadas dentro das aulas cun prazo de entrega de 90 a 120 minutos. Todas estas probas avaliables terán unha extensión máxima dunha páxina, e a súa entrega fóra de prazo contará como un 0. 70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cada alumno poderá acollerse a dúas convocatorias por curso, decembro e xullo. Só se realizará avaliación continua para a convocatoria de decembro, e acollerse a avaliación continua implicará consumir a convocatoria oficial de decembro. A entrega dunha soa encomenda avaliable suporá a aceptación implícita da avaliación continua, e a falta de asistencia non xustificada a máis do 20% das horas presenciais (é dicir, a máis de 10 horas presenciais) suporá un suspenso automático. Copiar doutro alumno ou dunha terceira persoa nunha encarga ou nun exame suporá un suspenso automático, e ademais posible apertura de expediente contra o alumno. O plaxio suporá un suspenso automático, e ademais posibles medidas legais contra o alumno. Cómpre destacar que factores como a asistencia ás sesións teóricas, as lecturas ou a realización dos casos prácticos non teñen valor directo na avaliación, pero que a súa realización facilitará indirectamente o éxito nas probas avaliables.


Os exames oficiais sen avaliación continua consistirán en tres preguntas teóricas breves, que poderán responderse en galego, castelán ou inglés e suporán o 30 % da nota; un exercicio de tradución directa, que suporá o 50 % da nota; e un exercicio de tradución inversa que suporá o 20% da nota. Os alumnos que se acolleron a avaliación continua non poderán presentarse ao exame oficial de decembro. O exame oficial de decembro realizarase o mesmo día proba de resposta curta da avaliación continua, e celebrarase na aula A2 o día 10 de decembro ás 16 horas para o grupo P1, e o mesmo día ás 18 horas para o grupo P2.


 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000