Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución xurídica-administrativa idioma 1: Inglés-Galego
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Actividades introdutorias Primeiras lecturas teóricas que contextualicen a materia. Tradución de fragmentos de varios textos e revisión dos mesmos para salientar aspectos que poderán empregarse en textos diversos. Análise das dificultades que presentan os textos xurídicos e administrativos.
Estudos/actividades previos Con anterioridade á realización das traduccións dos textos propostos na aula, realizarase unha analise da tipoloxía textual do texto de maneria conxunta para cada tema. Proporanse lecturas teóricas que introduzan cada texto práctico. Espérase a participación activa dos alumnos na procura de textos que axuden a mellorar as súas destrezas como tradutores.
Traballos de aula Durante a realización de traballos na aula, avaliaranse de maneira individual o traballo realizado polos estudantes, supervisándose, corrixindo e explicando as súas opcións tradutolóxicas. Na resolución de problemas e actividades de forma autónoma, avaliarase o traballo dos estudantes, a súa maneira de coordinarse e organizar as tarefas e o desenvolvemento da tradución antes da súa entrega final.
Probas Descrición
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. As probas prácticas realizaranse nas datas publicadas na plataforma FAITIC, e nas datas oficiais do calendario aprobado pola Xunta de Facultade da FFT (mesmas datas). Para as encomendas tamén estableceranse uns prazos nas sesións presenciais. O alumnado deberá informarse destas datas a través de Faitic ou o calendario oficial.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000