Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución xurídica-administrativa idioma 1: Inglés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias As actividades introdutorias consistirán na presentación da materia e no estabelecemento das bases para o desenvolvemento da docencia
Estudo previo As actividades e estudos previos consistirán, sobre todo, na lectura comprensiva e crítica de diversos textos propostos pola docente ou procurados polos propios estudantes.
Lección maxistral As sesións maxistrais consistirán nunha exposición clásica por parte da docente de todas as cuestións teóricas que resulten oportunas para desenvolver cada un dos temas que se imparten, o que inclúe cuestións tradutolóxicas, pero sobre todo xurídicas e administrativas.
Estudo de casos Os estudos de casos consistirán na realización de exercicios de natureza práctica relacionados cos temas que se estudaron a nivel teórico
Resolución de problemas A resolución de problemas e exercicios consistirá na realización e corrección de calquera actividade relacionada co eido da tradución (tradución, revisión, etc.).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000