Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución xurídica-administrativa idioma 1: Inglés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais consistirán nunha exposición clásica por parte do docente de todas as cuestións teóricas que resulten oportunas para desenvolver cada un dos temas que se imparten, o que inclúe cuestións tradutolóxicas, pero sobre todo xurídicas e administrativas.
Resolución de problemas e/ou exercicios A resolución de problemas e exercicios consistirá na realización e corrección de calquera actividade relacionada co eido da tradución (directa, inversa, revisión, etc.).
Estudo de casos/análises de situacións Os estudos de casos consistirán na realización de exercicios de natureza práctica relacionados cos temas que se estudaron a nivel teórico (por exemplo, emisión de facturas, división de herdanzas, aplicación de penas, etc.)
Estudos/actividades previos As actividades e estudos previos consistirán, sobre todo, na lectura comprensiva e crítica de diversos textos propostos polo docente.
Actividades introdutorias As actividades introdutorias consistirán na realización de microtraducións nas cales aparecerán reflectidos os principais problemas aos cales se enfrontan os tradutores xurídicos e administrativos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000