Educational guide 2025_26
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Ferramentas para a tradución e a interpretación IV: Revisión e corrección de textos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Exercicios puntuais propostos ao fío dos contidos desenvolvidos nas sesións. 20 A1
A2
C3
C4
C12
C15
C16
C17
C19
D3
D23
Prácticas con apoio das TIC Encargos de revisión e corrección de textos que deberán ser entregados en tempo e forma a través dos medios sinalados polo profesorado. 20 C1
C2
D9
D12
D17
D18
Resolución de problemas de forma autónoma Proba teórico-práctica cuxa data de celebración será a establecida no calendario de exames aprobado na Xunta da FFT. 40 A1
A2
C1
C2
C3
C4
D4
D9
D18
D22
Debate Valorarase a participación activa nas sesións presenciais. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A copia ou o plaxio serán actos penalizados en todas as probas.

O alumnado que decida acollerse á avaliación única debería comunicarllo á coordinadora en tempo e forma.

En canto á avaliación continua, na plataforma Moovi especificaranse as datas de entrega de actividades, probas e encargos de revisión e corrección de textos que terán un peso específico na cualificación da avaliación continua. A proba teórico-práctica (cuxa data de realización será a establecida no calendario de exames aprobado na Xunta da FFT) consistirá en responder correctamente a unha serie de preguntas sobre as unidades didácticas da programación da materia, por unha banda, e demostrar a aplicación práctica dos protocolos de revisión e corrección de textos aprendidos na clase, por outra banda. Cómpre aprobar a proba teórico-práctica para superar a materia.

Para o alumnado que decida acollerse á avaliación única, é dicir, non sometido á avaliación continua, terase en conta unicamente a proba teórico-práctica (cuxa data de realización será a establecida no calendario de exames aprobado na Xunta da FFT) consistente en responder correctamente a unha serie de preguntas sobre as unidades didácticas da programación da materia, por unha banda, e demostrar a aplicación práctica dos protocolos de revisión e corrección de textos aprendidos na clase, por outra. Cómpre aprobar cada unha das partes (teórica e práctica) para superar a materia.

A convocatoria de 2.ª oportunidade consistirá nunha proba teórico-práctica que constará das mesmas partes descritas anteriormente. Nesta 2.ª convocatoria manterase a nota da parte superada na 1.ª, debéndose repetir aquela que non fose superada. O alumnado de avaliación única debe aprobar cada unha das partes (teórica e práctica) para superar a materia.

A profesora Ana Hermida Ruibal impartirá 2 sesións a cada un dos 3 grupos de alumnado e encargarase do 7 % da avaliación, e a profesora Patricia Sotelo Dios impartirá 26 sesións a cada grupo e encargarase do 93 % da avaliación.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000