Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Ferramentas para a tradución e a interpretación IV: Revisión e corrección de textos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos O alumnado procederá á selección dun texto publicado nunha das súas dúas linguas A (É ou GL) e que sexa editado con graves erros nas distintas fases dos procesos de revisión e corrección.
Recoméndase consultar co profesor a elección final do texto xa que deberá contar sempre co seu visto e prace antes de realizar a corrección de concepto, de estilo e tipográfica aplicando os protocolos de revisión e corrección que se viron en clase.
Puntuarase non só a correcta execución das correccións senón tamén o traballo documental realizado así como a orixinalidade da elección textual.
Non se superará esta avaliación si nas correccións, que serán entregadas o mesmo día do exame final, deixouse de marcar máis de tres erratas.
20 A1
A2
C3
C4
C12
C15
C16
C17
C19
D3
D23
Prácticas con apoio das TIC Encargos de revisión e corrección de textos que deberán ser entregados en tempo e forma a través da plataforma Moovi e, sempre, debidamente dixitalizados en formado PDF.
Valoración positiva da participación activa do alumnado tanto na plataforma privada Moovi como na plataforma pública web 2.0 especialmente deseñadas para a materia:
-Páxina facebook da materia: https://www.facebook.com/galeradas
30 C1
C2
D9
D12
D17
D18
Lección maxistral Probas puntuais propostas ao fío dos contidos desenvolvidos nas sesións maxistrais. 10 D4
D7
Resolución de problemas de forma autónoma Exame final cuxa data de celebración será a establecida no calendario de exames aprobado na Xunta da FFT 40 A1
A2
C1
C2
C3
C4
D4
D9
D18
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na plataforma Moovi especificarase as datas de entrega de actividades, probas e encargos de revisión e corrección de textos que terán un peso específico na cualificación da avaliación continua.

Para alumnado sometido a avaliación continua, o exame final (cuxa data de celebración será a establecida no calendario de exames aprobado na Xunta da FFT) constará de unha única proba teórico-práctica consistente en responder correctamente a unha serie de preguntas sobre as unidades didácticas da programación da materia, por unha banda, e demostrar a aplicación práctica dos protocolos de revisión e corrección de textos apresos en clase, por outra banda.

Será imprescindible responder a todas as preguntas xa que a non resposta a unha delas invalidan a proba. A copia ou o plaxio serán actos penalizados en todas as probas.

Por outra banda cabe lembrar que, con respecto á corrección do exame final (cuxa data de celebración será a establecida no calendario de exames aprobado na Xunta da FFT) prestarase unha especial atención ao dominio das normas ortográficas, morfológicas e sintácticas na redacción das respostas. 

ATENCIÓN! Cometer tres faltas de ortografía invalidan o exame final e non detectar máis de tres erros ortotipográficos e/ou morfosintácticos na parte práctica do exame final tamén.

O alumnado non sometido a avaliación continua deberá realizar o día do exame final, ademais da proba que se menciona no sistema de avaliación continua, unha segunda e terceira probas que consistirán na corrección de concepto, de estilo e tipográfica de dous textos elixidos polo profesor.

A convocatoria de xullo consistirá nun exame que constará das mesmas partes que a avaliación non continua que se acaba de describir no parágrafo anterior. Nesta convocatoria de xullo as notas de evaluación continua obtidas polo alumnado que se acolló á evaluación continua seguirán contando.

O profesor coordinador da materia, Dr. D. José Yuste Frías, impartirá 72 horas, é dicir, un mínimo de 12 sesións de 2 horas a cada un dos 3 grupos de alumnado. As profesoras contratadas durante o curso 2023-2024 para esta materia, D.ª Patricia Sotelo Deus e D.ª Ana Hermida Ruibal,  impartirán, respectivamente, 59,50 horas y 12,50 horas, é dicir un mínimo de 10 sesións e 2 sesións de 2 horas, a cada un dos 3 grupos de alumnado, eminentemente prácticas con vistas á aplicación de toda a teoría que sobre a revisión e os protocolos de corrección púidose ver en clase.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000