Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Ferramentas para a tradución e a interpretación IV: Revisión e corrección de textos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análises de situacións O alumnado procederá á selección dun texto publicado nunha das súas dúas linguas A (ES ou GL) e que fose editado con graves erros nas distintas fases dos procesos de revisión e corrección.
Recoméndase consultar co profesor a elección final do texto xa que deberá contar sempre co seu visto e prace antes de realizar a corrección de concepto, de estilo e tipográfica aplicando os protocolos de revisión e corrección que se viron en clase.
Puntuarase non só a correcta execución das correccións senón tamén o traballo documental realizado así como a orixinalidade da elección textual.
Non se superará esta avaliación se nas correccións, que serán entregadas o mesmo día do exame final, deixouse de marcar máis de tres *erratas.
40 A1
A2
C3
C4
C12
C15
C16
C17
C18
C19
D3
D23
Prácticas autónomas a través de TIC Valoración da participación activa do alumnado tanto na plataforma privada FAITIC como nas diferentes plataformas públicas web 2.0 especialmente deseñadas para a materia:
-Páxina facebook da materia: https://www.facebook.com/galeradas
-Conta Flickr da materia: https://www.flickr.com/groups/galerada
-Blogue de Yuste. On y ssème à tout vent: http://www.joseyustefrias.com/index.php/blog
20 C1
C2
D9
D12
D17
D18
Sesión maxistral Probas puntuais propostas ao fío dos contidos desenvolvidos nas sesións maxistrais. 10 D4
D7
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Exame final que tenrá lugar na última semana de clase 30 A1
A2
C1
C2
C3
C4
C7
C18
D4
D9
D18
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A asistencia a clase resulta ser «obrigatoria» para acollerse á avaliación continua. Non se avaliará de forma continua a ningún alumno que non asistise a unha determinada cota de clases, salvo en casos moi excepcionais, que, por suposto, deberán ser debidamente xustificados e acreditados. É dicir, para poder acollerse á avaliación continua o alumno deberá participar en todas e cada unha as actividades previstas na materia tanto dentro como fose da aula. A porcentaxe mínima de presencialidade (que se controlará pasando lista en cada sesión) é do 80%.

alumnado que non asistise nunca a clase ( por conseguinte, non sometido a avaliación continua) deberá realizar o día do exame final, ademais da proba que se menciona a continuación no sistema de avaliación continua, unha segunda e terceira probas que consistirán na corrección de concepto, de estilo e tipográfica de dous textos elixidos polo profesor.

A copia ou o plaxio serán actos penalizados en todas as probas.

Para o alumnado que si asistise a clase (e que, por conseguinte, si pode estar sometido a avaliación continua), o exame final, que terá lugar na última semana de clase, constará dunha única proba teórico-práctica consistente en responder correctamente a unha serie de preguntas sobre as unidades didácticas da programación da materia. Será imprescindible responder a todas as preguntas xa que a non resposta a unha delas invalidan a proba. 

Por outra banda cabe lembrar que, con respecto á corrección do exame final, prestarase unha especial atención ao dominio das normas ortográficas, morfolóxicas e sintácticas na redacción das respostas. Atención! Tres erros ortotipográficos e/ou morfosintácticos invalidan o exame final.

A convocatoria de xullo consistirá nun exame que constará das mesmas partes que a avaliación non continua que se acaba de describir nos parágrafos anteriores.

A maioría da docencia da materia (que inclúe todos e cada un dos 7 bloques da programación) será impartida polo coordinador da mesma, o profesor José Yuste Frías. O profesor Javier de Agustín Guijarro impartirá as unidades dos bloques 6 e 7 aos grupos de alumnos/as que sexan necesarios ata completar un total de 24 horas de docencia.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000