A asistencia a clase resulta ser «obrigatoria» para acollerse á avaliación continua. Non se avaliará de forma continua a ningún alumno que non asistise a unha determinada cota de clases, salvo en casos moi excepcionais, que, por suposto, deberán ser debidamente xustificados e acreditados. É dicir, para poder acollerse á avaliación continua o alumno deberá participar en todas e cada unha as actividades previstas na materia tanto dentro como fose da aula. A porcentaxe mínima de presencialidade (que se controlará pasando lista en cada sesión) é do 80%. O alumnado que non asistise nunca a clase ( por conseguinte, non sometido a avaliación continua) deberá realizar o día do exame final, ademais da proba que se menciona a continuación no sistema de avaliación continua, unha segunda e terceira probas que consistirán na corrección de concepto, de estilo e tipográfica de dous textos elixidos polo profesor. A copia ou o plaxio serán actos penalizados en todas as probas. Para o alumnado que si asistise a clase (e que, por conseguinte, si pode estar sometido a avaliación continua), o exame final, que terá lugar na última semana de clase, constará dunha única proba teórico-práctica consistente en responder correctamente a unha serie de preguntas sobre as unidades didácticas da programación da materia. Será imprescindible responder a todas as preguntas xa que a non resposta a unha delas invalidan a proba. Por outra banda cabe lembrar que, con respecto á corrección do exame final, prestarase unha especial atención ao dominio das normas ortográficas, morfolóxicas e sintácticas na redacción das respostas. Atención! Tres erros ortotipográficos e/ou morfosintácticos invalidan o exame final. A convocatoria de xullo consistirá nun exame que constará das mesmas partes que a avaliación non continua que se acaba de describir nos parágrafos anteriores. A maioría da docencia da materia (que inclúe todos e cada un dos 7 bloques da programación) será impartida polo coordinador da mesma, o profesor José Yuste Frías. O profesor Javier de Agustín Guijarro impartirá as unidades dos bloques 6 e 7 aos grupos de alumnos/as que sexan necesarios ata completar un total de 24 horas de docencia. |