Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Ferramentas para a tradución e a interpretación IV: Revisión e corrección de textos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Presentación do curso e do programa detallado
Presentación das dúas contas de redes sociais que, sempre con fins pedagóxicos directamente relacionados coa materia, constituirán unhas ferramentas de uso diario por parte do alumnado ao longo de todo o curso académico:
-Páxina Facebook da materia: https://www.facebook.com/galeradas
-Conta Flickr da materia: https://www.flickr.com/groups/galeradas
Estudo de casos/análises de situacións Traballarase en clase con encargos reais de revisión e corrección de textos ante os cales o alumnado deberá tomar unha serie de decisións sobre como realizalos e solucionar os problemas de xestión que se presenten.
Prácticas autónomas a través de TIC Tras participar moi activamente nos debates e foros que se puideron producir en FAITIC con motivo da publicación das distintas entradas nas contas Facebook e Flickr da materia ou dos distintos artigos no Blogue de Investigación do profesor (entradas e artigos que constitúen publicacións especialmente deseñadas para conseguir os obxectivos da materia), o alumnado deberá redactar as versións finais dos seus comentarios e participacións de forma pública na plataforma web 2.0 correspondente:
-Páxina facebook da materia: https://www.facebook.com/galeradas
-Conta Flickr da materia: https://www.flickr.com/groups/galerada
-Blogue de Yuste. On y sème à tout vent: http://www.joseyustefrias.com/index.php/blogue
O carácter público destas redes sociais obriga a unha máxima revisión e corrección da escritura por parte do alumnado. O cal obriga a intensificar as distintas comunicacións privadas entre alumnado e profesor en FAITIC.
Lección maxistral O profesorado presentará:
a) cada unha das unidades temáticas do programa que servirán de marco de traballo para a realización das prácticas de revisión e corrección de textos,
b) as cuestións metodolóxicas e técnicas relevantes en cada tipo de corrección (concepto, estilo e tipográfica)
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma En canto á resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma e fóra da aula, a plataforma FAITIC será a canle privada de comunicación entre alumnado e profesor. Para un maior seguimento dos temas de debate e foros de discusión que se producirán en FAITIC, recoméndase moi vivamente a todo o alumnado seguir a actualización das entradas das dúas contas en redes sociais da materia:
-Páxina Facebook da materia: https://www.facebook.com/galeradas
-Conta Flickr da materia: https://www.flickr.com/groups/galeradas
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000