Guia docente 2023_24
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Ferramentas para a tradución e a interpretación IV: Revisión e corrección de textos
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial.

No escenario non presencial ou semipresencial da docencia universitaria, mantéñense as metodoloxías, contidos, avaliación e titorías da modalidade presencial. Actividades todas que se realizarán coas ferramentas proporcionadas pola propia Universidade de Vigo (aulas e despachos virtuais BBB, correo electrónico uvigo.es, Moovi, etc.) co fin de cumprir escrupulosamente coa Lei de Protección de Datos.

Na chamada modalidade «mixta» da docencia universitaria, contémplase a posibilidade de que unha parte do alumnado poida permanecer na aula e o resto do alumnado poida seguir as clases de forma telemática por videoconferencia BBB dun modo preferentemente síncrono. O seguimento asíncrono por vía telemática podería realizarse dependendo de que as ferramentas tecnolóxicas postas a disposición do profesorado por parte da UVigo aseguren, por unha banda, o cumprimento da Lei de Protección de Datos e, por outra, a calidade da docencia universitaria impartida. As metodoloxías, a atención personalizada e a avaliación serán as mesmas que as da modalidade presencial, adaptando sempre o número dos grupos e quendas de persoas presentes nas aulas para poder cumprir coa normativa sanitaria vixente.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000