Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Introdución aos ámbitos de especialización para a tradución e a interpretación e aspectos profesionais da tradución
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Probas de tipo test Ao longo do curso realizaranse tres probas, que se desenvolverán ao longo da última semana de febreiro, penúltima de marzo e segunda de maio. A nota media ponderada das tres probas suporá o 80% da cualificación final. 80 CB1
CB2
CB4
CB5
CE2
CE9
CE24
CE25
CE26
CT6
CT13
CT15
CT17
Traballos e proxectos Cada estudante realizará un traballo que será desenvolvido en equipo con outros estudantes e deberá entregarse na primeira semana de marzo. Posteriormente, os traballos serán expostos nas clases e avaliados polo docente.
Aínda que o traballo se desenvolverá en equipo, os estudantes indicarán
especificamente de que parte son responsables e serán avaliados
individualmente desa parte.

20 CE2
CE9
CE25
CE26
CT6
CT13
CT17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para poder acollerse ao sistema de avaliación continua é preciso realizar a totalidade das probas e encargos formulados durante o curso. Para aprobar a materia precísase obter como mínimo unha nota media (ponderada) de aprobado no conxunto das probas. As probas consistirán en preguntas de tipo test, preguntas de resposta curta ou preguntas de resposta longa.

Os alumnos que opten pola avaliación única serán examinados exclusivamente mediante unha única proba, correspondente ao conxunto da materia, que será de tipo test, resposta curta ou resposta longa. Tal proba terá lugar na data marcada no calendario de exames aprobado en Xunta de FFT.

Os estudantes que sigan o procedemento de avaliación continua e non superasen o conxunto das probas e traballos establecidos, ou perdesen a posibilidade de seguir ese sistema de avaliación (non realización dos traballos ou probas, apreciación de plaxio ou copia nalgún dos traballos...), perderían esa convocatoria e deberán dar conta de novo do conxunto da materia. En caso de así desexalo, poderán acudir á convocatoria de xullo ou a convocatorias posteriores. 


A convocatoria de xullo tamén consistirá nunha única proba, correspondente ao conxunto da materia, e será de tipo test, resposta curta ou resposta longa. Terá lugar na data marcada no calendario de exames da FFT.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000