As competencias básicas da materia resúmense nun dominio o máis amplo posible das linguas de traballo, alemán e español neste caso, e das fontes de documentación, o cal debe posibilitar a adecuada resolución de problemas, ben de forma individual ben en equipo.
Os estudantes tamén deberán ter un bo coñecemento das culturas dos países xermanofalantes (e da propia).
Haberán de dominar a lingua propia, escrita e oral, coñecer a norma e usos das linguas de traballo, ser capaces de buscar información e usala axeitadamente.
Terán que ser quen de traballar en equipo.
Deberán posuír ampla cultura.
Cómpre que saiban aplicar as técnicas de edición, maquetación, revisión e corrección específicas dos textos traducidos.
Deberán saber tomar decisións, ser capces de aprender de forma autónoma e ser rigorosos no traballo.
Supónselles capacidade de razoamento crítico.
|
|
|
|
|
Desenvolvimento da capacidade de identificar e lidar com os problemas tradutológicos que oferecem os diferentes âmbitos de especializaçom.
|
A2 A5
|
|
C2 C8 C24 C25 C26
|
D6 D15
|