Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Introdución aos ámbitos de especialización para a tradución e a interpretación e aspectos profesionais da tradución
   Competencias
Código Descrición
CB1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CE2 Coñecemento de culturas e civilizacións estranxeiras
CE8 Destreza para a procura de información/documentación
CE9 Coñecemento dos aspectos económicos e profesionais
CE24 Capacidade de aprendizaxe autónoma
CE25 Coñecementos de cultura xeral e civilización
CE26 Coñecementos temáticos básicos de cada unha das especializacións
CT6 Capacidade de xestión da información
CT13 Traballo nun contexto internacional
CT15 Aprendizaxe autónoma
CT17 Comprensión doutras culturas e costumes
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000