Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación consecutiva idioma 1: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula Teranse en conta só para os estudantes que se acollan á avaliación contínua. Valorarase a participación na resolución de problemas derivados da práctica da IC, a corrección exhaustiva dos exercicios practicados na clase, sendo esta supervisada no horario de titorías, así como a elaboración e enunciación de discursos na lingua B. 10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realización dunha proba final de interpretación consecutiva B>A.
Esta proba será cualificada en función de catro criterios principais: fluidez e seguridade, expresión e corrección, resolución de problemas e contido.
90
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para poder optar á avaliación continua explicitada anteriormente (elaboración de discursos, aplicación de coñecementos teóricos, realización dunha proba de interpretación e exercicio de autoavaliación), será obrigatorio asistir ao 80% das clases. Será imprescindible, ademais, obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba de interpretación consecutiva para dar por aprobada a materia. A proba celebrarase o xoves 8 de maio.
Tanto a avaliación única (para aqueles/as alumnos/as que renuncien á avaliación continua) como a segunda convocatoria consistirán nun exame de interpretación consecutiva dun discurso da lingua B á lingua A, e a elaboración dun discurso ou discurso-resumo na lingua B.

No caso da avaliación única e da segunda convocatoria será necesario ter aprobadas as dúas probas (cun mínimo de 5/10) para aprobar a materia. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000