Guia docente 2014_15
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación consecutiva idioma 1: Francés-Español
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Traballos de aula Os estudantes deberán reflexionar en todo momento sobre a súa evolución e o grao de consecución dos obxectivos de aprendizaxe da materia ai longo do semestre, expondo calquera dúbida ao respecto ao docente, tanto na clase coma nas horas de titorías. Na atención personalizada, a docente axudará á/ao alumna/o reflexionará, coa axuda do/da docente, sobre as causas dos problemas de aprendizaxe e deseñará un plan de traballo encamiñado á consecución dos obxectivos da materia. Non se descarta que o/a alumno/a teña que procurar formas que impliquen máis dedicación da referida na guía docente, no caso de ter lagoas básicas de coñecementos esixidos como requisitos mínimos da materia. Mesmo neste caso, recoméndase que consulte as súas dúbidas canto antes co/coa docente para que este/a o/a axude a buscar formas de superalas a tempo. No caso da autoavaliación formal prevista para a metade de curso, o/a alumno/a deberá presentar ao/á docente unha diagnose da súa evolución na aprendizaxe da materia, detectando os seus puntos fortes, débiles e mais as causas destes últimos. Así mesmo, proporá formas para superalos. Como punto de partida, terá en conta a matriz de valoración que se utilizará para cualificar a proba final da materia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000