Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación consecutiva idioma 1: Francés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades de repaso das competencias adquiridas na materia "Interpretación de enlace francés-galego" e de introdución ás competencias específicas da materia "Interpretación consecutiva francés-galego".
Exercicios de interpretación de memoria, análise, síntese e elaboración de discursos, así como de reflexión sobre cuestións teóricas básicas e cultura xeral.
Este período de actividades introdutorias será desenvolvido polo profesor Óscar Ferreiro, quen impartirá un total de 12 horas da materia.
Prácticas de laboratorio Práctica de interpretación consecutiva, con distintas variantes en función da fase e necesidades de aprendizaxe.
Seminarios Reflexión e discusión sobre coñecementos ou nocións teóricas e a súa aplicación á práctica da
interpretación consecutiva.
Traballos de aula Actividades realizadas na clase, de forma individual ou en grupo, para exercitar e desenvolver as competencias da materia ou poñer en práctica coñecementos teóricos.
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade práctica orientada á resolución de problemas e dúbidas de carácter técnico e terminolóxico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000