Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación consecutiva idioma 1: Francés-Galego
   Contidos
Tema Subtema
Fase inicial: introdución
1. Repaso e consolidación dos obxectivos de
aprendizaxe da materia de interpretación de
enlace.
2. Valorización da cultura xeral: asunción das
lagoas de coñecemento e fomento da
curiosidade.
3. Introdución de obxectivos específicos da
interpretación consecutiva.
1. Conseguir seguridade e confianza ao falar en público: superar o nerviosismo, eliminar xestos que interfiran na comunicación, utilizar a voz e a postura de maneira adecuada.
2. Axustar o nivel da lingua materna: utilizar un rexistro adecuado, eliminar marcas informais da lingua, mobilizar un léxico rico e variado.
3. Ser conscientes do nivel necesario das linguas A e B: identificar posibles eivas e comezar a superalas.
4. Aumentar a capacidade de escoita e análise, concentrarse na escoita, ordenar a mensaxe.
5. Familiarizarse coas fórmulas e esquemas habituais dos discursos formais.
6. Elaborar discursos propios na lingua A con fluidez e propiedade.
Fase intermedia: fundamentos
1. Desenvolvemento das competencias
principais para realizar unha boa interpretación
consecutiva.
1. Aumentar a capacidade de memoria a curto prazo: identificar os
elementos que a desencadean, desenvolver a memoria visual e a memoria analítica.
2. Consolidar as capacidades de escoita e análise.
3. Ser capaces de realizar unha interpretación consecutiva-resumo sen toma de notas entre as linguas B e A.
4. Desenvolver a capacidade de resolución de problemas. Aceptar a imposibilidade da perfección da interpretación e do control sobre o discurso orixinal.
5. Ter criterio para introducir a toma de notas durante a audición: aprender a seleccionar a información relevante.
6. Aplicar os principios fundamentais da toma de notas á interpretación consecutiva.
7. Reformular sinteticamente e con corrección na lingua B discursos producidos na lingua A.
Fase avanzada
1. Perfeccionamento das competencias principais para realizar unha boa interpretación consecutiva.
2. Desenvolvemento da metacognición.
1. Ser capaz de reflexionar con criterio sobre os discursos e interpretacións propias e dos compañeiros.
2. Introducir e integrar os símbolos útiles para cada estudante e elaborar o seu propio sistema de toma de notas.
3. Ser quen de detectar as eivas sobre o desempeño propio e de elaborar e aplicar un plan de traballo axeitado ás necesidades de aprendizaxe.
4. Equilibrar a utilización das notas e o uso da memoria.
5. Ter claro o que entendemos por unha boa interpretación e ser quen de avaliar interpretacións propias e alleas.
6. Dominar a notación dos conectores.
7. Experimentar distintas formas de toma de notas, escoller cando e como.
8. Desenvolver a capacidade de anticipación.
9. Aumentar a rapidez de mobilización de recursos lingüísticos nas linguas
A e B.
10. Consolidar a memoria a curto prazo.
Fase final: consolidación e perfeccionamento
1. Superación definitiva das dificultades de
aprendizaxe.
2. Consolidación da técnica de interpretación
consecutiva ante situacións de maior nivel de
dificultade.
1. Ser capaz de restituír información máis complexa en consecutiva: conceptos abstractos e nomes propios.
2. Ser capaz de restituír números e unidades, saber adaptar a estratexia de toma de notas en función do discurso.
3. Consolidar a expresión oral na lingua B. Elaboración de mini discursos nesta lingua.
4. Introducir discursos con maior dificultade.
5. Superar definitivamente os problemas específicos de cada estudante.
6. Dominio das decisións sobre a toma de notas, a análise e a restitución do discurso.
7. Consolidación da técnica de interpretación consecutiva con toma de notas con discursos algo máis densos, complicados e rápidos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000