Prácticas de laboratorio |
Avaliación formativa na clase baseada nos criterios que se empregan na avaliación das competencias. Nas titorías o equipo docente axudará ao alumnado a reflexionar sobre as causas dos problemas de aprendizaxe e a deseñar un plan de traballo encamiñado á consecución dos obxectivos da materia. |
|
Autoavaliación |
A metade do cuadrimestre, cada estudante deberá presentarlle á docente unha diagnose da súa evolución na aprendizaxe da materia, detectando os seus puntos fortes, débiles e mais as causas destes últimos. Así mesmo, proporá formas para superalos. Como punto de partida, terá en conta tanto a grella de autoavaliación subministrada pola docente como a matriz de valoración que se empregará na proba prevista a final do cuadrimestre. |