Educational guide 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación consecutiva idioma 1: Inglés-Español
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Traballos de aula A/o estudante deberá reflexionar en todo momento sobre a súa evolución e o grao de consecución dos obxectivos de aprendizaxe da materia, expondo calquera dúbida ao respecto á docente desde as fases máis temperás da aprendizaxe, tanto na clase coma nas horas de titorías. Nas titorías a docente axudará á/ao alumna/o a reflexionar sobre as causas dos problemas de aprendizaxe e a deseñar un plan de traballo encamiñado á consecución dos obxectivos da materia. Non se descarta que o/a alumno/a teña que procurar formas que impliquen máis dedicación da referida na guía docente, no caso de ter lagoas básicas de coñecementos esixidos como requisitos mínimos da materia. Neste caso, recoméndase que consulte as súas dúbidas canto antes coa docente para que esta o/a axude a buscar formas de superalas a tempo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000