• Fase inicial: introdución
1. Repaso e consolidación dos obxectivos de aprendizaxe da materia de interpretación de enlace.
2. Posta en valor da cultura xeral: asunción das lagoas de coñecemento e fomento da curiosidade.
3. Introdución de obxectivos específicos da interpretación consecutiva. |
1. Conseguir seguridade e confianza ao falar en público: superar o nerviosismo, eliminar xestos que interfiran na comunicación, utilizar a voz e a postura de maneira adecuada.
2. Axustar o nivel da lingua materna: utilizar un rexistro adecuado, eliminar marcas informais da lingua, mobilizar un léxico rico e variado.
3. Ser conscientes do nivel necesario das linguas A e B: identificar posibles eivas e comezar a superalas.
4. Aumentar a capacidade de escoita e análise, concentrarse na escoita, ordenar a mensaxe.
5. Familiarizarse coas fórmulas e esquemas habituais dos discursos formais.
6. Elaborar discursos propios na lingua A con fluidez e propiedade.
|
• Fase intermedia I
1. Perfeccionamento das competencias primordiais para realizar unha boa interpretación consecutiva.
2. Desenvolvemento da metacognición. |
1. Ser quen de reflexionar con criterio sobre os discursos e interpretacións propias e dos compañeiros.
2. Introducir e integrar os símbolos útiles para cada estudante e elaborar o seu propio sistema de toma de notas.
3. Ser quen de detectar as eivas sobre o desempeño propio e de elaborar e aplicar un plan de traballo axeitado ás necesidades de aprendizaxe.
4. Equilibrar a utilización das notas e o uso da memoria.
5. Ter claro o que entendemos por unha boa interpretación e ser quen de avaliar interpretacións propias e alleas.
6. Dominar a notación dos conectores.
7. Experimentar distintas formas de toma de notas, escoller cando e como.
8. Desenvolver a capacidade de anticipación.
9. Aumentar a rapidez de mobilización de recursos lingüísticos nas linguas A e B.
10. Consolidar a memoria a curto prazo. |
• Fase avanzada: consolidación e perfeccionamento
1. Superación definitiva das dificultades de
aprendizaxe.
2. Consolidación da técnica de interpretación
consecutiva ante situacións de maior nivel de
dificultade. |
1. Ser capaz de restituír información máis complexa en consecutiva:
conceptos abstractos e nomes propios.
2. Ser capaz de restituír números e unidades, saber adaptar a estratexia
de toma de notas en función do discurso.
3. Introducir discursos con maior dificultade.
4. Superar definitivamente os problemas específicos de cada estudante.
5. Dominio das decisións sobre a toma de notas, a análise e a restitución
do discurso.
6. Introdución de discursos de especialidade: preparación terminolóxica,
resolución de problemas.
7. Consolidación da técnica de interpretación consecutiva con toma de
notas con discursos máis densos, complicados e rápidos. |