• Fase inicial: introdución
1. Repaso e consolidación dos obxectivos de aprendizaxe da materia de interpretación de enlace.
2. Posta en valor da cultura xeral: asunción das lagoas de coñecemento e fomento da curiosidade.
3. Introdución de obxectivos específicos da interpretación consecutiva. |
1. Conseguir seguridade e confianza ao falar en público: superar o nerviosismo, eliminar xestos que interfiran na comunicación, utilizar a voz e a postura de maneira adecuada.
2. Axustar o nivel da lingua materna: utilizar un rexistro adecuado, eliminar marcas informais da lingua, mobilizar un léxico rico e variado.
3. Ser conscientes do nivel necesario das linguas A e B: identificar posibles eivas e comezar a superalas.
4. Aumentar a capacidade de escoita e análise, concentrarse na escoita, ordenar a mensaxe.
5. Familiarizarse coas fórmulas e esquemas habituais dos discursos formais.
6. Elaborar discursos propios na lingua A con fluidez e propiedade.
|
• Fase intermedia: fundamentos
1. Desenvolvemento das competencias primordiais para realizar unha boa interpretación consecutiva. |
1. Aumentar a capacidade de memoria a curto prazo: identificar os elementos que a desencadean, desenvolver a memoria visual e a memoria analítica.
2. Consolidar as capacidades de escoita e análise.
3. Ser capaces de realizar unha interpretación consecutiva-resumo sen toma de notas entre as linguas B e A.
4. Desenvolver a capacidade de resolución de problemas. Aceptar a imposibilidade da perfección da interpretación e do control sobre o discurso orixinal.
5. Ter criterio para introducir a toma de notas durante a audición: aprender a seleccionar a información relevante.
6. Aplicar os principios fundamentais da toma de notas á interpretación consecutiva.
7. Reformular sinteticamente e con corrección na lingua B discursos producidos na lingua A.
|
• Fase final: consolidación e perfeccionamento
1. Superación definitiva das dificultades de aprendizaxe.
2. Consolidación da técnica de interpretación consecutiva ante situacións de maior nivel de dificultade. |
1. Ser capaz de restituír información máis complexa en consecutiva: conceptos abstractos e nomes propios.
2. Ser capaz de restituír números e unidades, saber adaptar a estratexia de toma de notas en función do discurso.
3. Consolidar a expresión oral na lingua B. Elaboración de mini discursos nesta lingua.
4. Introducir discursos con maior dificultade.
5. Superar definitivamente os problemas específicos de cada estudante.
6. Dominio das decisións sobre a toma de notas, a análise e a restitución do discurso.
7. Introdución de discursos de especialidade: preparación terminolóxica, resolución de problemas.
8. Consolidación da técnica de interpretación consecutiva con toma de notas con discursos máis densos, complicados e rápidos.
|