Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación consecutiva idioma 1: Inglés-Galego
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios A/o estudante deberá reflexionar en todo momento sobre a súa evolución e o grao de consecución dos obxectivos de aprendizaxe da materia, expondo calquera dúbida ao respecto á docente desde as fases máis temperás da aprendizaxe, tanto na clase coma nas horas de titorías. Na atención personalizada, a docente axudará @s estudantes a reflectiren sobre as causas dos problemas de aprendizaxe e a deseñaren un plan de traballo encamiñado á consecución dos obxectivos da materia. Non se descarta que o/a alumno/a teña que procurar formas que impliquen máis dedicación da referida na guía docente, no caso de ter lagoas básicas de coñecementos exixidos como requisitos mínimos da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000