Resolución de problemas e/ou exercicios |
A/o estudante deberá reflexionar en todo momento sobre a súa evolución e o grao de consecución dos obxectivos de aprendizaxe da materia, expondo calquera dúbida ao respecto á docente desde as fases máis temperás da aprendizaxe, tanto na clase coma nas horas de titorías.
Na atención personalizada, a docente axudará @s estudantes a reflectiren sobre as causas dos
problemas de aprendizaxe e a deseñaren un plan de traballo encamiñado á consecución dos obxectivos da materia.
Non se descarta que o/a alumno/a teña que procurar formas que impliquen máis dedicación da referida na guía docente, no caso de ter lagoas básicas de coñecementos exixidos como requisitos mínimos da materia.
|
|