Educational guide 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación consecutiva idioma 1: Inglés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade práctica orientada cara á resolución de problemas e dúbidas, sobre todo de tipo técnico.
Traballos de aula Trátase do traballo principal que se desenvolve nos laboratorios habilitados para a práctica da
interpretación.

A metodoloxía a seguir en todo momento é a descrita nos seguintes artigos:

Baxter, R.N. (2012) Modelo de formación básica en interpretación consecutiva dentro del marco de la reforma de Bolonia, Sendebar 23 [61-77]

Baxter, R.N. (2012) A Simplified Multi-model Approach to Preparatory Training in Consecutive Interpreting. The Interpreter and Translator Trainer (ITT): Volume 6, Number 1 [21-43]

Os seguintes textos forman a base do traballo en clase e o texto do exame final terá unha estrutura similar:
(dispoñíbeis en: http://cousasdeneal.webs.com/consecutiva-consecutive)

• Pediculosis
• Stolen generations
• Tattoos
• Attention deficit hyperactivity disorder
• Obsessive–compulsive disorder
• Anorexia

Realizaranse actividades relacionadas coas principais estratexias para a interpretación consecutiva, xunto con exercicios prácticos de interpretación consecutiva nos
diferentes ámbitos.

A metodoloxía xeral oriéntase cara á comprensión e á análise do discurso oral e a súa plasmación na língua de chegada, evitando a tradución literal oral baseada na memoría.

Co fin de favorecer a compresnión e análise durante a fase da escoita activa, durante a primeira fase non se permite a toma de nota, introducida cara ao final do curso como ferramenta para mellorar unha técnica xa consolidada.

Trabállase nun primeiro momento tamén coas linguas C/D do alumnado para afinazar a capacidade de resolver probelmas de reformulación dentro dos parámetros lingüísticos dispoñíbeis, fuxindo da tradución mnemónica literal.

Para alén dos traballos realizados nas
aulas, o/a profesor/a orientará @s estudantes sobre os traballos prácticos de interpretación
consecutiva que deberán levar a cabo por conta propia.

Algúns dos traballos entregues poderán
contribuíra para a nota de avaliación continua final.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000