Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación consecutiva idioma 1: Inglés-Galego
   Contidos
Tema Subtema
Tema 1

• Fase inicial: introdución

1. Repaso e consolidación dos obxectivos de aprendizaxe da materia de interpretación de enlace.
2. Posta en valor da cultura xeral: asunción das lagoas de coñecemento e fomento da curiosidade.
3. Introdución de obxectivos específicos da interpretación consecutiva: a interpretación consecutiva como técnica ‘natural’
1. Conseguir seguridade e confianza ao falar en público: superar o nerviosismo, eliminar xestos que interfiran na comunicación, utilizar a voz e a postura de maneira adecuada.
2. Desenvolver a capacidade de anticipación: mobilización de coñecementos e preparación in situ
3. Familiarizarse coas fórmulas e esquemas habituais dos discursos formais.
4. Axustar o nivel do galego: utilizar un rexistro adecuado, eliminar marcas informais da lingua, mobilizar un léxico rico e variado.
5. Ser conscientes do nivel necesario das linguas A e B: identificar posibles eivas e desenvolver estratexias para as superar.
6. Aumentar a capacidade de escoita e análise, concentrarse na escoita, ordenar a mensaxe.
7. Elaborar discursos propios na lingua A con fluidez e propiedade.
Tema 2

• Fase intermedia: fundamentos

1. Desenvolvemento das competencias primordiais para realizar unha boa interpretación consecutiva.
1. Aumentar a capacidade de memoria a curto prazo: identificar os elementos que a desencadean, desenvolver a memoria visual e a memoria analítica.
2. Consolidar as capacidades de escoita e análise: traballar con textos A-A
3. Consolidar a capacidade de limitarse partindo da análise do texto de partida e tomando en consideración as limitacións lingüísticos existentes no momento de elaborar o texto de chegada: exercicios de interpretación consecutiva/síntese con textos A-C/D
4. Partindo do anterior, exercicios de interpretación consecutiva/síntese con textos A-B e B-A sen toma de notas.
4. Desenvolver a capacidade de resolución de problemas. Aceptar a imposibilidade da perfección da interpretación e do control sobre o discurso orixinal.
5. Ter criterio para introducir a toma de notas durante a audición: aprender a seleccionar a información relevante.
6. Reformular sinteticamente e con corrección na lingua B discursos producidos na lingua A.
Tema 3

• Fase avanzada

1. Perfeccionamento das competencias primordiais para realizar unha boa interpretación consecutiva.
2. Elementos teóricos básicos: a teoría dos esforzos.
1. Ser quen de reflexionar con criterio sobre os discursos e interpretacións propias e dos compañeiros.
2. Introdución ao teoría de esforzos aplicada á interpretación consecutiva.
3. Introdución á estratexia minimax e a necesidade de aplicar o principio da simplicidade como base para a interpretación consecutiva na fase da produción.
4. Ser quen de detectar as eivas sobre o desempeño propio e de elaborar e aplicar un plan de traballo axeitado ás necesidades de aprendizaxe.
5. Ter claro o que se entende por unha boa interpretación e ser quen de avaliar interpretacións propias e alleas.
6. Aplicar os principios fundamentais da toma de notas á interpretación consecutiva partindo do proceso de escoita activa e análise previa. Experimentar distintas formas de toma de notas, escoller cando e como. Aprender a equilibrar a utilización das notas.
7. Aumentar a rapidez de mobilización de recursos lingüísticos nas linguas A e B.
8. Aprender a reducir a carga mnemónica para reorientar capital global de esforzos.
Tema 4

• Fase final: consolidación e perfeccionamento

1. Superación definitiva das dificultades de aprendizaxe.
2. Consolidación da técnica de interpretación consecutiva ante situacións de maior nivel de dificultade.

1. Ser capaz de restituír información máis complexa en consecutiva: conceptos abstractos e nomes propios.
2. Ser capaz de restituír números e unidades, saber adaptar a estratexia de toma de notas en función do discurso.
3. Consolidar a expresión oral na lingua B. Elaboración de mini discursos nesta lingua.
4. Introducir discursos con maior dificultade.
5. Superar definitivamente os problemas específicos de cada estudante.
6. Dominio das decisións sobre a toma de notas, a análise e a restitución do discurso.
7. Introdución de discursos de especialidade: preparación terminolóxica, resolución de problemas.
8. Consolidación da técnica de interpretación consecutiva con toma de notas con discursos máis densos, complicados e rápidos.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000