Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Portugués-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Realización dun encargo de tradución que reproduce as características do labor profesional. 25 A2
A3
A4
A5
C1
C3
C4
C12
C24
C25
C26
C33
D1
D3
D4
D12
D15
Traballo Consistirá na lectura dunha obra que indicará o profesorado ao comezo da materia e na elaboración dun comentario sobre determinados aspectos que se indicarán na clase. 25 A2
A3
A4
A5
C1
C4
C12
C24
C25
D1
D4
D15
Exame de preguntas obxectivas Proba dos contidos teóricos (10 % da nota): décima semana de clase, previa consulta co alumnado. 10 A2
A3
A4
C1
C3
C4
C12
C24
C25
C33
D3
D4
D15
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba de tradución audiovisual PT-ES: última semana de clase, previa consulta co alumnado. 40 A2
A3
A5
C1
C3
C4
C12
C24
C25
C26
C33
D1
D4
D15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Avaliación continua:

O alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas de
clase a súa elección de acollerse ou non á avaliación continua. En caso de
aprobar todas as probas con nota igual ou superior a 5/10, considerarase que o
alumnado aprobou a avaliación continua. Non se fai nota media. De non aprobar a
avaliación continua, deberá avaliarse de todo o temario na convocatoria de
xullo.

Avaliación do profesor
Xoán Montero Domínguez

- Proba
dos contidos teóricos (10 % da nota): décima semana de clase, previa consulta co
alumnado;
- Proba de
tradución audiovisual PT-ES (40 % da nota): última semana de clase, previa
consulta co alumnado.

Avaliación da profesora Ana
Hermida Ruibal

- Traballo
sobre un libro en portugués (25 % da nota)
- Tradución
PT-ES (25 % da nota)

2. Avaliación única:

Avaliación do profesor Xoán Montero Domínguez

O alumnado que non siga a avaliación continua deberá realizar un exame a
finais do cuadrimestre (avaliación única) sobre todos os contidos da materia
especificados no apartado CONTIDOS da guía docente, así como das lecturas
obrigatorias.

O exame da convocatoria de maio (avaliación única) e de xullo consistirá na
realización dunha tradución do portugués ao castelán dun texto audiovisual (que
contará o 40 % da nota), así como do control das lecturas obrigatorias (que
contará o 10 % da nota). As faltas de ortografía penalizaranse con 1 punto/erro.

A proba de avaliación única terá lugar na data oficial marcada polo
decanato.

O alumnado que suspenda a convocatoria de maio terá que avaliarse de todos
os contidos da materia en xullo.

Penalizarase a copia ou plaxio.

Avaliación da profesora Ana Hermida Ruibal

Existen dúas modalidades de avaliación. Na avaliación continua o estudantado dispón da posibilidade de ir superando a materia por medio da avaliación de traballos e encargos realizados ao longo do curso. No caso de non entregar nas datas indicadas algún dos encargos correspondentes, a nota dese traballo será 0. É obrigatorio entregar en Moovi todos os traballos que se foren corrixindo na clase, mesmo que non conten directamente para nota.

Na segunda modalidade de avaliación (única), o estudantado dispón da posibilidade de dar conta da materia por medio dunha proba (25 % da nota) e da elaboración dun traballo da obra que se indicou ao comezo da materia (25 %). A proba que se realizará na convocatoria de xuño-xullo consistirá nunha tarefa de tradución (25 % da nota) que se desenvolverá na data indicada no calendario de exames da FFT e a entrega do traballo do libro indicado (25 %) no mesmo prazo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000