Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Portugués-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas No sistema de avaliación continua, realización de actividades que reproducen as características do labor profesional. Tales actividades, de carácter acumulativo, estarán distribuídas regularmente ao longo do período docente. Efectuarase unha proba final relativa a estas actividades, a cal representa o 40% da nota global. 40 A1
A3
A4
C1
C4
C9
C17
C20
C22
C24
C27
C32
D1
D4
D7
D12
D13
D22
Resolución de problemas de forma autónoma No sistema de avaliación continua, realización de dous traballos de tradución que reproducen as características do labor profesional. Tales traballos de tradución representan as seguintes porcentaxes da nota global: traballo de tradución 1: 30%; traballo de tradución 2: 30%.
Para casos excepcionais debidamente xustificados, realización de tres encargas de tradución que reproducen as características do labor profesional. Tales encargas de tradución representan as seguintes porcentaxes da nota global: encarga de tradución 1: 30%; encarga de tradución 2: 30%; encarga de tradución 3: 40%.
60 A2
A5
C3
C8
C10
C12
C18
C21
C25
C26
C33
D2
D5
D8
D9
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

No
sistema de avaliación continua, para o que se esixe a asistencia a un mínimo do
80% das clases, establécense como probas de avaliación a realización de dous
traballos de tradución a partir de textos seleccionados polo docente e unha
proba final relativa ás actividades desenvolvidas nas sesións lectivas. Os dous
traballos de tradución, que terán lugar respectivamente nas semanas do 4 de
marzo de 2024 e do 1 de abril de 2024, representan cada un o 30% da nota
global; por outra banda, a proba final representa o 40% da nota global; a
devandita proba final, que terá lugar na semana do 29 de abril de 2024,
consistirá en exercicios de tradución sobre textos xa abordados nas sesións
lectivas, sen posibilidade de utilizar, por tal motivo, material auxiliar de
ningún tipo. Para casos excepcionais debidamente xustificados, establécense
como probas de avaliación tres encargas de tradución a partir de textos
seleccionados polo docente: a encarga de tradución 1 e a encarga de tradución 2
representan cada unha o 30% da nota global; a encarga de tradución 3 representa
o 40% da nota global; as tres encargas de tradución terán como prazo límite de
entrega as seguintes datas: a encarga de tradución 1, o 7 de marzo de 2024; a
encarga de tradución 2, o 4 de abril de 2024; a encarga de tradución 3, o 29 de
abril de 2024.

Existe un sistema de avaliación única destinado ao estudantado que non se
acolla ao sistema de avaliación continua para a convocatoria da primeira edición
de actas e destinado a todo o estudantado para a convocatoria da segunda
edición de actas, consistente nun exame con exercicios de tradución relativos
aos contidos do programa, con posibilidade de utilizar exclusivamente materiais
lexicográficos en formato papel. As datas do devandito exame da convocatoria da
primeira edición de actas e da convocatoria da segunda edición de actas serán
fixadas no calendario de exames aprobado en Xunta da FFT.

Todas as actividades de avaliación referidas teñen carácter obrigatorio e
non existe nota de corte en ningunha delas.

No caso de que se obteña a cualificación de suspenso na convocatoria da
primeira edición de actas no sistema de avaliación continua e no sistema de
avaliación única, haberá que recuperar a totalidade da materia na convocatoria
da segunda edición de actas.

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e a calidade do contido das
respostas, senón tamén a corrección lingüística.

O estudantado Erasmus deberá acreditar un coñecemento de tipo medio da
lingua de partida e un coñecemento de tipo alto da lingua de chegada.

A copia ou plaxio nos traballos de tradución, nas encargas de tradución, na proba final e/ou no exame terá como consecuencia unha cualificación global negativa.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000