Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Portugués-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Realización de actividades que reproducen as características do labor profesional. Tales actividades, de carácter acumulativo, estarán distribuídas regularmente ao longo do período docente. Alén diso, realizarase unha proba final relativa a esas mesmas actividades. 60
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Realización de dúas tarefas que reproducen as características do labor profesional. Tales tarefas estarán distribuídas regularmente ao longo do período docente. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Establécense dous sistemas de avaliación.

O primeiro sistema de avaliación, de natureza continua, esixe un mínimo de
asistencia do 80% ás sesións presenciais acordadas. Tal sistema de avaliación
baséase na realización de actividades, unha proba presencial e dúas tarefas.

Por unha banda, as actividades e a proba presencial representan o 60% da
nota final. A devandita proba presencial, que se ha facer o día 21 de abril de
2014, consiste en exercicios de pretradución e/ou tradución sobre textos vistos
nas sesións de traballo, sen posibilidade de utilizar por tal motivo material
auxiliar.

Por outra banda, as dúas tarefas proporcionan cada unha delas un 20% da nota
final.

O segundo sistema de avaliación, destinado ao alumnado que non asiste de xeito frecuente para a primeira edición de actas (maio) e tamén para a segunda edición de actas (xullo), é unha proba única de pretradución e/ou tradución referida aos contidos do programa, con posibilidade de utilizar exclusivamente materiais lexicográficos en formato papel. A data da proba para a primeira edición de actas é o día 21 de abril de 2014, mentres que a data da proba para a segunda edición de actas será fixada polo Decanato.

A copia ou plaxio nas tarefas e/ou na proba terá como consecuencia unha valoración final negativa.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000